SaudArte

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

SaudArte é un recurso que ten como finalidade concienciar ao alumnado, e tamén ao entorno próximo do mesmo, da importancia de levar unha vida activa e saudable. Ao longo da situación de aprendizaxe, faise unha aproximación a temáticas coma a alimentación, a postura corporal, o respecto e a igualdade, os primeiros auxilios e a educación viaria.

A festa do xogo

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

O recurso está deseñado co fin de ofrecer ao alumnado un proxecto de investigación e creación sobre o xogo tradicional popular, o deporte autóctono e as danzas tradicionais de España e Galicia.

 

Exprésate na rede!

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Ten como finalidade traballar a expresión corporal a través das danzas, bailes, acrosport e dramatizacións; facendo fincapé na educación emocional, á vez que o alumnado explora o uso seguro das redes sociais.

Saltando barreiras

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Ten como finalidade traballar co alumnado a importancia de experimentar múltiples situacións motrices diferentes nas que poñer en práctica as súas habilidades, e a importancia de mellorar as súas capacidades físicas básicas para ter unha boa condición física.

Youtubers deportivos

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Pretende introducir aos estudantes na iniciación deportiva, en concreto, nos deportes individuais. Na situación de aprendizaxe, o alumnado terá que crear videotitoriais co obxectivo de ofrecerlle a outro alumnado unha forma diferente de aprender sobre dous deportes: o bádminton e o pickleball.

Solidarízate xogando!

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

"Solidarízate xogando!" pretende introducir aos estudantes na iniciación deportiva, en concreto, nos deportes colectivos. Nesta situación de aprendizaxe, terán que crear un evento deportivo solidario co obxectivo de axudar a unha asociación da súa vila ou próxima a ela, á vez que practica dous deportes colectivos: o baloncesto e o datchball.

En marcha

Visto: 0 veces
2025-03-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 8 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Está deseñado co fin de ofrecer ao alumnado un proxecto de traballo colaborativo sobre a contorna natural e urbana, e a organización de  actividades físicas fóra do recinto escolar. 

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.