Exprésate na rede

Visto: 319 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)

26/03/2025

Imaxe da portada do REA 4 de Educación Física de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

O alumnado traballa a expresión corporal como medio de comunicación efectivo, integrando danzas tradicionais e contemporáneas, técnicas de acrosport e dramatizacións vinculadas á educación emocional. A situación de aprendizaxe propón un contexto innovador: experimentar como é ter unha rede social na aula, na que se comparte información entre os membros do grupo, sempre baixo normas de respecto, privacidade e uso responsable. Mediante a aprendizaxe de coreografías, a práctica de figuras acrobáticas seguras e a representación de emocións relacionadas co deporte, o alumnado desenvolve o ritmo, a coordinación, o equilibrio e a confianza en si mesmos, ao tempo que reflexiona sobre a xestión da identidade dixital e a comunicación non verbal.

O reto consiste en producir e compartir unha peza audiovisual colectiva que combine expresión corporal, música e mensaxe emocional. Cada equipo deberá crear unha coreografía orixinal ou adaptar unha danza tradicional, integrar elementos de acrosport ou dramatización e gravar un vídeo editado que comunique unha emoción ou valor (traballo en equipo, superación, respecto...).

Guía didáctica

Exprésate na rede

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)
2025-03-26
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego