Visto: 537 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)

26/03/2025

Imaxe da portada do REA 2 de Educación Física de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 8- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 5º de Educación Primaria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado toma conciencia da importancia de levar unha vida activa e saudable, explorando hábitos cotiáns que inflúen no benestar físico e emocional. Trátanse cuestións como a alimentación equilibrada, hábitos posturais, a prevención de lesións, os primeiros auxilios básicos, a hixiene e o respecto á diversidade das persoas. 

O reto consiste en deseñar e desenvolver unha campaña de promoción da saúde “SaudArte” dirixida á comunidade educativa. Cada equipo deberá seleccionar unha temática, por exemplo, a alimentación, a actividade física etc., e crear materiais divulgativos atractivos (en formato libre) e planificar a súa difusión no centro.

Guía didáctica

SaudArte

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (8 votos)
2025-03-26
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego