Educación Física 6º E.P.: Situación de aprendizaxe "Deixa o mundo mellor de como o atopaches"

Situación de aprendizaxe enfocada en traballar o obxectivo 1 da área de educación física para educación primaria, (obxectivo de área 5: Valorar diferentes medios naturais e urbanos como contextos de práctica motriz, interactuando con eles, comprendendo a importancia da súa conservación desde un enfoque sostible e adoptando medidas de responsabilidade individual durante a práctica de xogos, de actividades físico-deportivas e de lecer, para realizar unha práctica eficiente e respectuosa coa contorna e participar no seu coidado e mellora).
Para este fin o alumnado resolverá unha serie de actividades interactivas sobre o coidado do medio e diferentes elementos necesarios para levar a cabo actividades na natureza.