Glosario
Diana de valoración:

-
Definición:
-
Obxecto ou elemento con varios puntos de referencia que serven parar valorar un aspecto concreto.
-
Exemplo:
-
A actividade gustoulle moito polo que a súa valoración foi moi positiva na diana.
Definición:
Obxecto ou elemento con varios puntos de referencia que serven parar valorar un aspecto concreto.
Exemplo:
A actividade gustoulle moito polo que a súa valoración foi moi positiva na diana.
Unha vez practicados todos os xogos e coa información do que está ben e do que tedes que mellorar, chegou a hora de dinamizar o patio do voso cole para que o alumnado do centro teña maiores posibilidades de xogo no tempo de lecer.
Agora, a vosa figura é moi importante, xa que da vosa implicación dependerá que os vosos compañeiros e compañeiras gocen de actividades diferentes e divertidas.
Esta actividade realizarédela no seguinte recreo, converténdovos por fin en verdadeiros influencers motrices.
Unha vez practicados todos os xogos, chegou a hora de dinamizar o patio do voso cole.
O alumnado do centro terá maiores posibilidades de xogo no tempo de lecer.
A vosa figura é moi importante, xa que da vosa implicación dependerá que os vosos compañeiros e compañeiras gocen de actividades diferentes e divertidas.
Esta actividade realizarédela no seguinte recreo, converténdovos por fin en verdadeiros influencers motrices.
Para coñecer a opinión das nenas e nenos que participen nos distintos xogos empregarase unha "Diana de coavaliación", que se colocará nun lugar visible e servirá para que os nenos e nenas que xoguen valoren se lles gustou ou non.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0