Saltar navegación

3.7. Diario de aprendizaxe

Diario de aprendizaxe

Ilustración do diario de aprendizaxe

Chegou o momento de cubrir os apartados da fase 3 do teu diario de aprendizaxe.

Nesta fase o traballo estivo centrado en investigar, aprender máis sobre como elaborar un cartel e todo o que supón ese proceso para conseguir o reto. Tamén investigaches sobre múltiples temas relacionados cos hábitos saudables, como que alimentos son saudables, a seguridade nas actividades físicas, os primeiros auxilios ou como facer exercicio de forma divertida e responsable.

Creaches, xunto co teu equipo, o cartel e aprendiches a comprobar se estaba ben.

Lectura facilitada

Debes escribir os apartados da fase 3 do teu Diario de aprendizaxe.

Cousas que fixeches nesta fase:

  • Investigar.
  • Aprender cousas para crear un cartel.
  • Aprender sobre hábitos saudables, alimentación e seguridade.
  • Aprender como facer exercicio de forma divertida e responsable.

Creaches, xunto co teu equipo, o cartel e aprendiches a comprobar se estaba ben.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)