Educación Física 6º E.P.: Situación de aprendizaxe "Cápsula do tempo"

Situación de aprendizaxe enfocada en traballar o obxectivo 4 da área de educación física para educación primaria, (obxectivo de área 4: Recoñecer e practicar diferentes manifestacións lúdicas, físico-deportivas e artístico-expresivas propias da cultura motriz, valorando a súa influencia e as súas achegas estéticas e creativas á cultura tradicional e contemporánea, para integralas nas situacións motrices que se utilizan regularmente na vida cotiá).
Para este fin o alumnado resolverá unha serie de actividades interactivas sobre a recopilación do patrimonio cultural e a creación dunha cápsula do tempo interactiva.