Potenciando las diversiones
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado coñeza e aplique as potencias e as raíces cadradas. No seu desenvolvemento, aprenderán a calcular o cadrado e o cubo dun número, así como as potencias de base 10, nun contexto amigable: unha saída escolar.
Como reto proponse a organización, mediante traballo colaborativo, dunha acampada que incluirá desde o repartimento das tendas e do espazo onde distribuílas, ata o menú semanal de comidas, pasando pola organización de diferentes actividades concretas. No proceso, o alumnado aplicará os coñecementos matemáticos adquiridos.