Nuestra fiesta de primavera
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida neste REA ten como fío condutor actividades vinculadas a unha festa primaveral, que permitirán traballar as fraccións promovendo a cultura paisaxística próxima.
Proponse como reto a creación dun mantel co deseño dun xardín, inspirado no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que facilitará a adquisición dos coñecementos matemáticos relacionados coas fraccións nun contexto creativo.