Los números y nuestra biblioteca
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 9- elaborado no proxecto cREAgal para a área de Matemáticas de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe ten como fío condutor a relación entre o uso dos números naturais e o traballo nunha biblioteca, contextualizada no propio centro educativo. Ao longo do proceso, o alumnado poderá adquirir conceptos matemáticos, tales como: números de distintas cifras, tipos de descomposicións, operacións aritméticas con números de distintas cifras, entre outros.
O reto proposto consiste na elaboración dunha presentación na que se describa unha campaña solidaria a desenvolver na biblioteca do centro. Na campaña, cada persoa que traia un quilo de comida non perecedoira, poderá levarse un libro. A comida que se recolla será entregada a un Banco de alimentos.