Saltar navegación

Misión: pobreza

 

Glosario

Caciquismo

Unha persoa ordenándolle a outra colocar unha pelota.

Definición:

Influencia excesiva das persoas que exercen o control valéndose de privilexios.

Exemplo:

Os labregos protestaban contra o caciquismo do dono das terras.

Miseria

Unha persoa pedindo cartos

Definición:

Pobreza extrema.

Exemplo:

Cando era novo, pasou moita miseria.

Opresión

Un pé esmagando un obxecto.

Definición:

Privación dos dereitos fundamentais dunha persoa.

Exemplo:

Loitou contra a opresión que exercía o seu xefe.

Misión: pobreza

Vella escola na Veiga con carteis do álbum 'Nós' de Castelao

Castelao (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao) definía a pobreza non só como fame, senón como unha inxustiza que racha a dignidade. A través dos seus relatos e ilustracións denuncia a miseria como resultado da explotación e do abandono social. As presións que o caciquismo exercía sobre a sociedade galega durante o século XX a través dos impostos e das leis, levou a moita xente a emigrar para poder prosperar. Castelao buscaba espertar a conciencia do pobo galego para loitar contra a opresión. Na imaxe aparecen recollidos carteis do álbum "Nós", unha das súas obras máis emblemáticas, formada por 50 debuxos complementados por breves textos nos que retrata a fame, a pobreza, as inxustizas e a emigración forzada. 

Observa algunha das viñetas de Castelao nestes museos:  

Que pasa hoxe?

Hoxe en día segue a existir poboación en risco de exclusión ou pobreza. Quizais non vemos nenos e nenas cos pés descalzos, pero si familias que non poden acceder a unha vivenda (aumento dos prezos de alugueiro ou compra) ou afrontar gastos cotiáns. A precariedade laboral (contratos temporais ou salarios insuficientes) e o alto custo da enerxía (pobreza enerxética) son outras das preocupacións actuais.

Lectura facilitada

Castelao foi un artista e escritor de Galicia.

Castelao dicía que a pobreza é unha inxustiza moi mala.

A pobreza quita a dignidade ás persoas.

Castelao debuxaba a miseria causada polo abandono da sociedade.

No século XX (vinte) os homes con poder controlaban moito a xente.

Estes homes obrigaban a pagar moitos impostos.

Moita xente tivo que marchar de Galicia para poder vivir mellor.

Castelao quería que o pobo galego loitase contra esta opresión.

Castelao fixo un libro de debuxos moi importante chamado Nós.

Este libro ten 50 debuxos sobre a fame e a pobreza.

Tamén fala sobre as persoas que marchan do país obrigadas.

Podes ver algúns debuxos de Castelao nas ligazóns dos museos:

Hoxe en día aínda hai moitas persoas pobres.

Hoxe non se ven tantos nenos e nenas sen zapatos.

Pero hai moitas familias que non poden pagar unha casa.

Isto pasa porque o prezo das casas é moi alto.

Outras familias teñen salarios moi baixos polo seu traballo.

Moitas persoas teñen problemas para pagar a luz ou a calefacción.

Isto chámase pobreza enerxética e é un problema moi grave.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)