Conxunto de individuos que comparten caracteres comúns.
Exemplo:
En África hai diferentes etnias que conviven felizmente.
Exilio
Definición:
Separación dunha persoa da terra en que vive.
Exemplo:
Algúns galegos padeceron o exilio por motivos políticos.
Xenofobia
Definición:
Rexeitamento cara aos estranxeiros.
Exemplo:
A xenofobia imposibilita a paz entre as persoas.
Misión: diversidade cultural
Maruja Mallo é símbolo da loita contra os prexuízos de orixe racial. A través das súas obras tentou dignificar a aqueles colectivos que a sociedade marxinaba pola súa orixe humilde. Pintaba as mulleres traballadoras, as mariscadoras e os campesiños como deuses. Durante o seu exilio en América pintou rostros de mulleres de diferentes etnias coa mesma xeometría perfecta, transmitindo a mensaxe de que a beleza e a dignidade son iguais en todo o planeta.
Coñece máis sobre a obra de Maruja Mallo nesta ligazón: Museo Reina Sofía.
Que pasa hoxe?
Na actualidade, a orixe dunha persoa segue a ser un factor determinante para a súa exclusión ou éxito. Os prexuízos, as desigualdades no acceso á educación e a formación; a perpetuación das clases sociais e a explotación da inmigración son algunhas das causas que provocan o racismo ou a xenofobia. Isto leva á creación de barrios gueto, á segregación, aos discursos de odio e á violencia. Para promover a igualdade social necesítanse máis políticas públicas a favor da equidade que garantan o dereito á vivenda, sanidade e educación, a representación dos diferentes grupos étnicos-culturais nas institucións públicas e privadas e a denuncia de calquera caso de discriminación racial ou cultural.
Lectura facilitada
Maruja Mallo é un símbolo contra os prexuízos pola orixe das persoas.
Maruja axudou coas súas obras as persoas que a sociedade apartaba.
Ela pintaba as mulleres traballadoras como se fosen deusas.
Tamén pintaba así as mariscadoras e os campesiños.
Maruja tivo que marchar a vivir a América.
Alí pintou rostros de mulleres de moitas razas diferentes.
A súa mensaxe é que a beleza e a dignidade son iguais en todo o mundo.