Pensou en tinguir a roupa de negro para acudir á cea.
Vagalume
Definición:
Insecto pequeno que emite luz na escuridade.
Exemplo:
Os vagalumes non sobreviven nas cidades.
Negros e brancos
Hai moito tempo, todos os elefantes do mundo eran negros ou brancos. Fermosos animais tinguidos de noite e de neve.
Amaban a todos os animais, dende o vagalume máis pequeno ata o merlo máis larpeiro. Pero entre eles odiábanse. Por este motivo, cada un mantíñase no seu lado da selva. Non querían compartir nin o azul do ceo, nin a sombra das árbores.
Pero un día, os elefantes negros coma a noite decidiron acabar con todos os elefantes brancos coma a neve. Do mesmo xeito que os elefantes brancos coma a neve decidiron acabar con todos os elefantes negros coma a noite.
Os elefantes que amaban a paz escondéronse no máis profundo da selva. Onde case non chegaba a luz do día nin os chíos dos paxaros.
Comezou unha batalla cruel e longa. O ceo tornouse vermello e murcharon os sorrisos. Os anos pasaban lentos e fríos, esquecendo a primavera. Ata que morreron todos os elefantes negros como a noite e todos os elefantes brancos como a neve.
Durante milleiros de anos non se viron elefantes no mundo.
Pero chegou un día no que os descendentes dos elefantes que amaban a paz saíron do máis profundo da selva. Eran grises!
Dende entón, todos os elefantes viven en paz compartindo o azul do ceo e o abrazo dos atardeceres.
Aínda que, ultimamente... Os elefantes de orellas pequenas e os de orellas grandes míranse dun xeito estraño.
Texto baseado no libro "Negros e Brancos", de David MacKee.
Audio
Colle o teu caderno
No caderno, tenta dar resposta a estas cuestións. Logo, poñédeas en común co resto de compañeiros e compañeiras, facendo un pequeno debate: