Saltar navegación

Misión: orientación sexual e identidade de xénero

 

Glosario

Homosexualidade

Parella de mulleres

Definición:

Atracción cara a individuos do mesmo sexo.

Exemplo:

No libro, o autor fala sobre a homosexualidade dos protagonistas.

Represión

Símbolo de prohibido

Definición:

Impedimento de manifestar algo de xeito natural.

Exemplo:

A represión de liberdades era algo moi habitual na época.

Xenitais

Un rapaz e unha rapaza sinalando a zona xenital

Definición:

Órganos sexuais externos.

Exemplo:

Emprega xabón neutro na hixiene dos xenitais.

Misión: orientación sexual e identidade de xénero

Señoras e cabaleiros, pintura do artista estadounidense Andy Warhol realizada en 1975.

Andy Warhol, artista plástico e creador do pop art, integrou a identidade queer na súa obra, desafiando a represión social da súa época. Nos anos 50 creou unha serie de debuxos que representaban, de xeito afectuoso, a forma masculina, algo radical nun momento no que a homosexualidade estaba criminalizada nos Estados Unidos. Tamén converteu a mulleres trans e drag queens en protagonistas das súas obras.
Honrar a memoria de artistas como Warhol implica comprometerse cunha sociedade que garanta que ningunha persoa sexa discriminada por a quen ama ou por quen é. 

Podes afondar na obra de Warhol na seguinte ligazón: The Andy Warhol Museum.

Que pasa hoxe?

Hoxe en día o respecto á diversidade afectivo-sexual segue a ser unha necesidade humana para construír un mundo onde as persoas se poidan sentir máis libres e non ser xulgadas. As siglas LGTBI+ fan referencia ao colectivo de persoas con orientacións sexuais ou identidades de xénero diversas. Cada unha das letras fai referencia a un deles.

  • L (lesbiana): muller que sente atracción por outras mulleres.
  • G (gai): home que sente atracción por outros homes.
  • T (transxénero/transexual): persoa cunha identidade de xénero que non coincide coa asignada no nacemento.
  • B (bisexual): persoa que sente atracción tanto por persoas do mesmo xénero como diferente.
  • I (intersexual): persoas que nacen con características biolóxicas (xenitais, cromosomas...) que non encaixan coa definición típica de home ou muller.
  • Q (queer): persoa que non pode ser clasificado baixo etiquetas tradicionais.
  • + (outras realidades): asexuais, pansexuais, non binarias etc.

A visibilización destes colectivos, o permiso de matrimonio, a educación nos centros educativos e as políticas de igualdade e non discriminación, son fundamentais.

Lectura facilitada

Andy Warhol foi un artista moi famoso dos Estados Unidos.

Andy Warhol creou un estilo de arte chamado pop art.

Nas súas obras ensinou que existen moitos tipos de amor.

Nos anos 50 fixo debuxos de homes en situacións afectivas.

Nese tempo era un delito que dous homes se quixesen.

Warhol tamén pintou a mulleres trans e drag queens.

El quería que estas persoas fosen as protagonistas.

Recoñecer a obra de artistas como Warhol axuda a ter unha sociedade mellor.

Ninguén debe ser tratado mal por a quen ama ou por quen é.

Podes ver máis obras de Warhol na ligazón ao The Andy Warhol Museum.

Hoxe en día é moi necesario respectar a todas as persoas.

Todas as persoas deben ser libres e non ser xulgadas.

A palabra LGTBI+ serve para falar de moitos grupos diferentes.

Cada letra explica un grupo de persoas:

  • L significa lesbiana ou muller que quere a outras mulleres.
  • G significa gai ou home que quere a outros homes.
  • T significa persoa trans que sente un xénero diferente ao que tivo ao nacer.
  • B significa persoa bisexual que quere a homes e a mulleres.
  • I significa persoa intersexual con trazos físicos de home e muller.
  • Q significa persoa queer que non usa etiquetas tradicionais.
  • O signo máis (+) serve para incluír a outras persoas diferentes.

É moi importante que estas persoas se vexan na sociedade.

Tamén é moi importante o dereito ao matrimonio e á educación.

As leis deben axudar a que non haxa ningunha discriminación.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)