Saltar navegación

3.2. O respecto á diversidade

 

Glosario

Activismo

Grupo de persoas manifestándose

Definición:

Defensa de ideas a través de diferentes métodos.

Exemplo:

O activismo de Malala Yousafzai está centrado na defensa do dereito á educación de mulleres e nenas en todo o mundo.

Convención

Un home e unha muller detrás dunha mesa cun micro falando para outras persoas

Definición:

Reunión de persoas para a toma de acordos comúns.

Exemplo:

A convención decidiu promover o coidado do medio natural.

Marxinada

Persoas excluídas dun grupo

Definición:

Persoa ou grupo que é apartado do conxunto.

Exemplo:

Unha asociación axuda os pobos marxinados.

Heroes e heroínas

Aínda que os dereitos humanos están recoñecidos en tratados e convencións internacionais, sempre existiron situacións nas que foron vulnerados.

Numerosos personaxes, ao longo da historia, loitaron en prol da diversidade e a defensa dos dereitos humanos, enfrontándose á discriminación de xénero, racial, de orientación sexual etc.

Pulsa sobre os retratos que aparecen a continuación e coñece as comunidades marxinadas que defenderon estes heroes e heroínas a través do activismo pacífico. Todos eles están vencellados ao mundo da arte e daranche ideas para o teu reto.

Artistas con compromiso

Estes son algúns dos heroes e heroínas que, a través do activismo pacífico, defenderon comunidades marxinadas. Todos eles están vencellados ao mundo da arte e daranche ideas para o teu reto. Preme sobre os seus retratos para saber máis.

Se queres escoitar este contido, preme no reprodutor:

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Estes son algúns dos heroes e heroínas que, a través do activismo pacífico, defenderon comunidades marxinadas. Todos eles están vencellados ao mundo da arte e daranche ideas para o teu reto. Preme sobre os seus retratos para saber máis.

\n
\n
\n
\n

Se queres escoitar este contido, preme no reprodutor:

\n
\n\n
\n
","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/Luz_Darriba.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Luz%20Darriba","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/EVC_6PRI_REA_02_3_2__i02d.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Denuncia%20a%20violencia%20de%20x%C3%A9nero%20e%20promove%20a%20igualdade."},{"url":"resources/Maruja_Mallo.JPG","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Maruja%20Mallo","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/EVC_6PRI_REA_02_3_2__i02b.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Activista%20pola%20igualdade%20social%20independentemente%20da%20orixe%20%C3%A9tnico-cultural."},{"url":"resources/256px-Lewis_Hine_selfportrait.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Lewis%20Hine","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/EVC_6PRI_REA_02_3_2__i02a.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Referente%20na%20loita%20contra%20a%20explotaci%C3%B3n%20infantil."},{"url":"resources/256px-A_Irmandade_Galega_Curros_Enriquez_de_Rosario,_no_dia_da_mina_partida._Castelao,_1946.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Castelao","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/EVC_6PRI_REA_02_3_2__i02e.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Defensor%20da%20migraci%C3%B3n%20forzada%20pola%20pobreza.%20"},{"url":"resources/Andy_Warhol.jpg","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"Andy%20Warhol","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"resources/EVC_6PRI_REA_02_3_2__i02c.mp3","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Icona%20LGTBIQ%2B%20ao%20visibilizar%20realidades%20trans%20e%20drags."}],"isScorm":0,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":false,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2026120204846-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Preme aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comeza a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só podes gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só podes xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Podes realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
0011223344
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Memoria histórica

Escultura de Sadako Sasaki cunha grúa nas mans

As accións destes personaxes permitiron dar voz a colectivos que nalgún momento viron privados os seus dereitos.

A memoria histórica axuda a non repetir a vulneración dos dereitos humanos. Accións como recoñecer as violacións de dereitos no pasado, dignificar as vítimas ou fortalecer os valores democráticos, fan que a sociedade sexa máis consciente da necesidade de protección de certos dereitos.

Moitos dos superviventes á bomba de Hiroshima e de Nagasaki, coñecidos en Xapón como Hibakusha (persoa bombardeada), negaron o seu pasado durante décadas para evitar a discriminación social e laboral (debido ao descoñecemento dos efectos da bomba na saúde e na xenética); por sentírense culpables de sobrevivir, pola censura imposta polos EUA (Estados Unidos de América) ou simplemente polo brutal impacto psicolóxico nas súas vidas. Co paso do tempo algúns conseguiron aceptar e contar a súa historia, converténdoa en ferramenta de concienciación e presión para evitar o uso de armas nucleares no futuro. 

A historia de Sadako Sasaki e as 1000 grúas de papel transcendeu os límites de Xapón, converténdose en símbolo internacional do movemento pola paz. Na imaxe podedes ver a estatua de Sadako no Parque Memorial da Paz de Hiroshima.

Lectura facilitada

As accións destas persoas axudaron a moitos grupos desfavorecidos.

Os dereitos destes grupos non eran respectados.

Grazas a estas persoas agora poden falar e ser escoitados.

A memoria histórica axuda a non repetir os erros do pasado.

É moi importante recoñecer cando se fixo dano ás persoas no pasado.

Tamén é moi importante respectar a dignidade das vítimas.

Isto axuda a que a sociedade protexa máis os dereitos humanos.

En Xapón chaman Hibakusha ás persoas que sobreviviron á bomba.

Hibakusha significa persoa bombardeada.

Moitas destas persoas non contaron a súa historia durante moitos anos.

As persoas tiñan medo a ser tratadas mal no traballo.

As persoas tamén tiñan medo a ser tratadas mal polos seus veciños.

Había moito descoñecemento sobre as enfermidades da bomba.

Algúns sobreviventes sentíanse culpables por seguir vivos.

Outros tiñan moito dano psicolóxico.

Co tempo algúns contaron a súa historia para buscar a paz.

Hoxe as súas historias serven para prohibir as armas nucleares.

A historia de Sadako e as mil grúas coñécese en todo o mundo.

Esta historia é o símbolo da paz en moitos países.

Na foto podes ver a estatua de Sadako no parque de Hiroshima.

Lei de memoria democrática

Este fenómeno de silencio e ocultación adoita ser bastante común, ás veces por protexer as vítimas e outras polo interese de alguén en particular en evitar que se coñeza a realidade. Por iso, é labor das institucións velar pola protección das persoas garantindo o dereito á xustiza e á verdade. 

No caso de España, créase en 2022 a Lei de memoria democrática que busca reparar e dignificar as vítimas da ditadura e do franquismo publicamente, condenando a Guerra Civil e promovendo o coñecemento da historia. 

Se queres saber máis, podes consultar este vídeo.

Lectura facilitada

Moitas veces as persoas gardan silencio sobre o pasado.

Ás veces fan isto para protexer as vítimas.

Outras veces fano para que non se coñeza a realidade.

As institucións deben coidar de todas as persoas.

As institucións deben asegurar a xustiza e a verdade.

No ano 2022 creouse en España a Lei de memoria democrática.

Esta lei busca axudar as vítimas da ditadura e do franquismo.

Esta lei quere dar moito respecto ás vítimas de xeito público.

A lei di que a Guerra Civil foi algo moi malo.

A lei tamén axuda a que todos coñezan a historia.

Podes ver o vídeo para saber máis cousas.

Procura na rede

Unha maleta dentro dun cadrado vermello coa palabra reto debaixo

Agora é a túa quenda. Contribúe a perpetuar a memoria histórica buscando, xunto o teu grupo, cadros ou fotografías que representen a temática que vos toca. Servirán de ferramenta para seguir loitando contra esas desigualdades.

Lembra todos os museos que visitaches e os que apareceron tanto no proxecto "Pinceladas de emocións" como neste proxecto. Podes visitar as súas páxinas web para buscar cadros representativos.

Lectura facilitada

Agora é o teu momento de traballar.

Axuda a que todas as persoas lembren a historia.

Busca, co teu grupo, cadros ou fotografías sobre o voso tema.

Visita as páxina web dos museos.

Lembra museos que teñas visitado.

Estas imaxes serven para loitar contra a desigualdade.

Estas imaxes tamén axudan a que todos teñan os mesmos dereitos.

Activistas en acción

Seguindo os pasos dos heroes e heroínas anteriores, propoñémosche converterte en activista. Un activista é unha persoa comprometida que actúa para visibilizar, defender e denunciar dereitos, loitando de xeito pacífico a través de divulgación, protestas ou campañas de concienciación.

Desempeñando o teu novo rol, terás que resolver cinco misións relacionadas con cada unha das temáticas das maletas/instalacións.

Persoa cunha pancarta feminista nunha manifestación.

En cada unha delas tes que loitar por un dereito que hoxe en día aínda está en perigo. Como?

  1. Reúnete co teu grupo. Xuntos é mellor.
  2. Preme en cada unha das temáticas recollidas no cadro de Misións da seguinte actividade. Infórmate sobre elas.
  3. Pensa na túa realidade e identifica situacións ou comportamentos non respectuosos coa diversidade relacionadas con cada unha das temáticas propostas.
  4. Anota as causas que pensas que provocan esa situación. Ser conscientes axuda a reflexionar.
  5. Escribe unha posible solución, mensaxe ou campaña para levar a cabo. Propoñer medidas suma esforzos.

Tendes pouco tempo, o mundo corre perigo! Intentade ser breves e veloces. Ide poñendo en común as respostas no seguinte documento:

»O noso diario de activistas.odt 

» O noso diario de activistas.pdf

Lectura facilitada

Agora ti vas ser un activista.

Un activista é unha persoa que defende os dereitos.

O activista traballa para que todos vexan as inxustizas.

O activista protesta de xeito pacífico para axudar.

Para ser un activista tes que facer cinco misións.

Cada misión trata sobre o tema dunha maleta.

Nestas misións tes que defender os dereitos en perigo.

Sigue estes pasos para facer o traballo:

  1. Xúntate co teu grupo para traballar mellor.
  2. Busca información sobre cada tema do cadro de Misións.
  3. Pensa en situacións, na túa vida ou na rúa, que non respectan a xente.
  4. Escribe por que pensas que pasan estas cousas malas.
  5. Escribe unha solución para axudar as persoas.

Podes escribir unha mensaxe ou inventar unha campaña.

Escribe as túas ideas no documento adxunto.

» O noso diario de activistas.odt

» O noso diario de activistas.pdf

Feito con eXeLearning (Nova xanela)