Saltar navegación

4.2. A nosa maleta

 

Glosario

Sintetizar

Catro bolsas de lixo que pasan a unha

Definición:

Expoñer de xeito resumido o esencial.

Exemplo:

O xornalista sintetizou o programa para a súa audiencia.

Segunda sala do museo

Este reto configurará a segunda sala do noso museo! Chegou a hora de dar forma a todo o aprendido. Para que non esquezades nada á hora de crear a vosa instalación, imos sintetizar as tres partes máis importantes:

Contidos

Cada grupo deberá contar cunha maleta como metáfora visual da creación. Nela, estarán os contidos relativos á temática do grupo.

Pobreza

Violencia xénero

Multiculturalidade

Explotación laboral

Identidade xénero

Colocade minuciosamente os elementos principais:

  1. Fotografías, cadros ou noticias de xornais.
  2. Institución ou ONG sobre o dereito humano escollido.
  3. Código QR vencellado ao audio da instalación.

Elaboración das grúas

Non esquezades a importancia da papiroflexia nesta creación: elaborade as grúas, empregando libremente os debuxos e deseños que consideredes, respectando sempre o cromatismo do grupo.

Montaxe

Situade na sala a equipaxe e comezade a montaxe da instalación: podedes prender as grúas na parede ou colgalas con tanza ao teito.

Unha maleta aberta con documentos dentro e grúas de papel que saen dela.

Lembrade que a arte é un xeito de reivindicación! Ten en conta o aprendido sobre o artivismo.

Como acontecía no reto anterior, esta obra tamén dispón dunha ficha técnica:

» Ficha técnica. odt (editable)

» Ficha técnica.pdf (nova xanela)

Creación de códigos QR

O código QR é unha ferramenta empregada para almacenar datos de forma dixital a través dunha ligazón.

Como crealo? A través do programa QtQr da maqueta Abalar. 

Para abrilo, tes que ir a: Menú aplicativos > gráficos > QTQR.

No siguinte vídeo explícase paso a paso como crear un QR con este programa.

Creación de grúas

Para a elaboración desta parte do museo, debemos contar cunha serie de elementos materiais, como a maleta, pero tamén con altas doses de creatividade. Non esquezas como elaborar grúas! Bótalle unha ollada ao seguinte vídeo:

Organización / Presentación da sala

Chega o momento de colocar a vosa instalación na sala 2 do museo!

Debedes decidir cal será o espazo empregado para cada grupo e como colocaredes a vosa maleta e o material que irá dentro dela. Lembrade que as grúas son unha parte importante da instalación. Unha vez rematada, establecede as quendas para que todas as persoas participantes teñan un tempo para coñecer cada unha de elas. Logo da sesión de apertura, é recomendable unha reflexión grupal: Cal é a aprendizaxe que se extrae do reto?

» Avaliación do reto.odt (editable)

» Avaliación do reto.pdf (nova xanela)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)