Glosario
Prexuízo
-
Definición:
-
Opinión previa ao coñecemento, xeralmente desfavorable.
-
Exemplo:
-
O alumno estaba influenciado por prexuízos que non correspondían á realidade.
Definición:
Opinión previa ao coñecemento, xeralmente desfavorable.
Exemplo:
O alumno estaba influenciado por prexuízos que non correspondían á realidade.
No apartado anterior descubriches distintos modelos de familia. Á marxe duns ou doutros, o máis importante é saber distinguir cales son os teus dereitos e deberes en diferentes ámbitos.
Arrastra cada tarxeta ata o seu contedor.
Se queres escoitar este contido, preme no reprodutor:
Un dos dereitos dentro do sistema educativo é a igualdade e equidade. Visualizade a imaxe e en grupo facede un pequeno debate tendo en conta se considerades que só é importante a igualdade ou tamén a equidade. As seguintes preguntas poden servir de guía para iniciar a sesión:

A igualdade e a equidade son dereitos na escola.
Mira a imaxe con atención.
Fala co teu grupo sobre a igualdade e a equidade.
Pensa se as dúas cousas son importantes.
Estas preguntas axudan a comezar a falar:
A imaxe anterior reflicte unha realidade social: todos somos diferentes. Esta diferenza nunca debe ser entendida como prexuízo.
Na aula, moi probablemente, atoparemos compañeiros e compañeiras que foron emigrantes. Tendo en conta este aspecto, visualiza o seguinte vídeo:
Logo de ver o vídeo, escolle unha das seguintes actividades:
As persoas refuxiadas, termo acuñado pola ONU (Organización das Nacións Unidas), son aquelas que se ven obrigadas a marchar do seu país a causa dunha situación límite na que as súas vidas poden estar en perigo. Por exemplo: unha guerra, ameaza, persecución... Como consecuencia, buscan a protección doutro país.
No teu caderno, realiza un debuxo dun centro inclusivo onde convivan diferentes culturas. Para iso:
Segundo o vídeo, escribe tres dereitos que ten o novo alumnado e tres deberes que deben ter, tanto o alumnado da súa aula como o do centro, para favorecer a súa inclusión.
Segundo o vídeo anterior, trata de ordenar os acontecementos que foi vivindo o "círculo", dende que se incorporou ao centro educativo ata a súa inclusión.
Se queres escoitar as instrucións, preme no reprodutor:
En grupo, tratade de dar resposta ás seguintes preguntas, tendo en conta o traballado ata o momento.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0