Saltar navegación

Gráficas de evolución ou tendencia

Gráficas de liña

Imaxe da gráfica de liña en LibreOffice Calc

Queres saber como é a evolución dos tempos dun atleta ao longo do tempo? Podes empregar a gráfica de liña.

Gráficas de liña

Que son as gráficas de liña?

As gráficas de liña son gráficas nas que os diferentes valores se conectan mediante unha liña, amosando a súa evolución.

Para que se empregan?

  • Para ver tendencias, progresións, melloras ou empeoramentos.
  • Para analizar as variacións dos valores en distintos intentos.
  • Para amosar evolucións entre diferentes participantes.

Exemplos

Evolución por categoría dos tres intentos nunha proba dos 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha gráfica que compare a evolución das e dos participantes en cada categoría (infantil feminina, infantil masculino...), teremos que crear unha táboa na que imos facendo a media dos participantes en cada unha das seis categorías, para cada un dos tres intentos. A partir desa táboa, haberá que xerar unha gráfica de liña, que quedaría así:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de liña

Evolución das temperaturas medias nunha cidade durante un ano

A partir dunha táboa na que teñamos as temperaturas medias nunha cidade (no exemplo, Lugo), o uso dunha gráfica de liña é ideal para ver a evolución, as subidas e baixadas de temperatura ao longo do ano. Podes ver a gráfica que quedaría:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de liña 2

Lectura facilitada

Imaxe da gráfica de liña en LibreOffice Calc

Queres saber como é a evolución dos tempos dun atleta ao longo do tempo?

Podes empregar a gráfica de liña.

Gráficas de liña

Que son as gráficas de liña?

Nas gráficas de liña os valores se conectan mediante unha liña.

A liña amosa a súa evolución.

Para que se empregan?

  • Para ver tendencias, progresións, melloras ou empeoramentos.
  • Para analizar as variacións dos valores en distintos intentos.
  • Para amosar evolucións entre diferentes participantes.

Exemplos

Evolución por categoría dos tres intentos nunha proba dos 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha gráfica que compare a evolución das e dos participantes en cada categoría (infantil feminina, infantil masculino...), temos que:

  1. Crear unha táboa na que imos facendo a media dos participantes en cada unha das seis categorías, para cada un dos tres intentos.
  2. A partir desa táboa, haberá que xerar unha gráfica de liña.
  3. O resultado sería o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de liña

Evolución das temperaturas medias nunha cidade durante un ano

A partir dunha táboa na que teñamos as temperaturas medias nunha cidade (no exemplo, Lugo), o uso dunha gráfica de liña é ideal para ver a evolución, as subidas e baixadas de temperatura ao longo do ano.

Podes ver a gráfica que quedaría:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de liña 2

Adestramento: Gráficas de liña

Vas facer unha gráfica de liña na que escollas ás participantes da categoría cadete feminina, para ver a evolución dos seus tempos nos tres intentos.

Abre a base de datos para os adestramentos que descargaches co comezo desta Fase 3 e gárdaa co nome "graficaevolucion.ods".   

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha columna na que poñas o nome e apelido dos participantes. Recorda que para isto tes a función CONCATENAR.
  2. Engade outra columna co ano de nacemento de cada participante, a partir da data de nacemento.
  3. Filtra os datos para escoller aos participantes da categoría cadete (Anos de nacemento 2010 e 2011), e do xénero muller (M).
  4. Insire a gráfica a partir do nome e apelido cos tres intentos.  
  5. Neste caso, para que a gráfica quede ben, cando escollas o intervalo de datos, tes que darlle a "Serie de datos en filas". Despois, cando apareza "Series de datos", para cada un dos nomes tes que darlle en "Intervalo para Nome" á cela onde puxeches o nome e apelido de cada participante.
  6. Gárdaa co nome "graficaevolucion.ods".  

Lectura facilitada

Vas facer unha gráfica de liña.

Escollerás as participantes da categoría cadete feminina.

Representarás a evolución dos seus tempos nos tres intentos.

Abre a base de datos para os adestramentos que descargaches co comezo desta Fase 3. 

Gárdaa co nome "graficaevolucion.ods".   

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha columna na que poñas o nome e apelido dos participantes. Recorda que para isto tes a función CONCATENAR.
  2. Engade outra columna co ano de nacemento de cada participante, a partir da data de nacemento.
  3. Filtra os datos para escoller ás participantes da categoría cadete (Anos de nacemento 2010 e 2011), e do xénero muller (M).
  4. Insire a gráfica a partir do nome e apelido cos tres intentos.  
  5. Para que a gráfica quede ben, cando escollas o intervalo de datos, tes que darlle a "Serie de datos en filas".
  6. Logo, cando apareza "Series de datos", para cada un dos nomes tes que darlle en "Intervalo para Nome" á cela onde puxeches o nome e apelido de cada participante.
  7. Gárdaa co nome "graficaevolucion.ods".  

Como quedaría?

Aquí podes ver unha mostra do resultado ao que deberías chegar:

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Adestramento - Gráfica 2

Afondamento: Gráficas de área

Superaches sen suar o adestramento básico das gráficas de evolución? Entón aínda che quedan forzas para afondar un pouco máis no manexo destas gráficas.

Agora toca traballar coas gráficas de área. O formato é moi similar ao das gráficas de liña. Serán tres gráficas de área, para comparar as evolucións dos tres intentos en cada unha das categorías. 

O primeiro que tes que facer será calcular a media dos tres intentos de cada unha das seis categorías (infantil feminino, infantil masculino...), igual que no exemplo 1 das gráficas de liña. Terás unha fila por cada unha das seis categorías, e unha columna por cada un dos tres intentos.

Podes darlle un formato vistoso á nova táboa, con bordos, unha cor de fondo para cada unha das categorías...

A partir da táboa que obteñas, terás que facer unha gráfica que compare infantil feminino e infantil masculino, outra táboa que compare cadete feminino e cadete masculino, e finalmente unha que compare júnior feminino e júnior masculino.

Lectura facilitada

Agora toca traballar coas gráficas de área.

O formato é moi similar ao das gráficas de liña.

Serán tres gráficas de área, para comparar as evolucións dos tres intentos en cada unha das categorías. 

O primeiro que tes que facer será calcular a media dos tres intentos de cada unha das seis categorías (infantil feminino, infantil masculino...), igual que no exemplo 1 das gráficas de liña.

Terás unha fila por cada unha das seis categorías, e unha columna por cada un dos tres intentos.

Podes darlle un formato vistoso á nova táboa, con bordos, unha cor de fondo para cada unha das categorías,...

A partir da táboa que obteñas, terás que facer unha gráfica que compare:

  • Infantil feminino e infantil masculino.
  • Outra que compare cadete feminino e cadete masculino
  • E outra que compare junior feminino e junior masculino.

Como quedaría?

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Afondamento - Gráficas de área

Feito con eXeLearning (Nova xanela)