| Título |
CÁLCulo olímpico |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º ESO. A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como fío condutor a xestión, análise e procesamento dos datos dunha competición deportiva local. O alumnado traballará en pequeno grupo e fará uso da folla de cálculo de LibreOffice Calc, dominando o manexo básico, aplicando funcións e elaborando gráficas para extraer información relevante. O reto consiste na xeración dun informe final de resultados no que se inclúan conclusións sobre a distribución de participantes por sexo, as mellores marcas, etc. |
| Persoas elaboradoras |
Jose Manuel Álvarez Rodríguez. César Seco Novo. Luis Seco Novo. |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "CÁLCulo olímpico"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
