E se...?
Queres que Calc che diga automaticamente se un participante superou unha proba determinada ou non, en base ao valor dunha marca de referencia? Podes empregar unha función lóxica.
Funcións lóxicas
Que son as funcións lóxicas
As funcións lóxicas baséanse en establecer condicións que se poden avaliar coma "verdadeiro" ou "falso". Despois de avaliar esa condición ou condicións establecen resultados para o caso de que se cumpran ou non.
Sintaxe das funcións lóxicas
A sintaxe nas funcións lóxicas é moi variable, pero en xeral, pódese esquematizar do seguinte xeito:
= NOMEDAFUNCIÓN(Condición, outros)
- A condición é unha expresión matemática que se pode avaliar coma verdadeiro ou falso.
- Os outros argumentos poden ser resultados en caso de que se cumpra a condición, ou tamén en caso de que non se cumpra.
Algunhas funcións lóxicas
Algunhas das funcións lóxicas que empregarás na resolución do reto son a función SE e a función SECONXUNTO.
- Función SE
-
A función SE permítenos avaliar unha condición e obter un resultado se a condición é certa e outro se é falsa. A sintaxe desta función é a seguinte:
=SE(Condición; Valor se verdadeiro; Valor se falso)
A condición é unha expresión matemática que se pode avaliar coma verdadeiro ou falso. Se se avalía como verdadeiro, o resultado da función será o "Valor se verdadeiro". Se non, será o "Valor se falso".
- Función SECONXUNTO
-
A función SECONXUNTO permítenos avaliar varias condicións das cales obteremos un resultado para a primeira que se cumpra. En caso de non cumprirse ningunha das condicións dará unha mensaxe de erro. A sintaxe desta función é a seguinte:
=SECONXUNTO(Condición 1; Resultado 1; Condición 2; Resultado 2; ...)
Se se cumpre a Condición 1, o resultado da función será Resultado 1; se se cumpre a Condición 2, o resultado será "Resultado 2"... En caso de non cumprirse ningunha, o resultado dará o erro #N/D (non dispoñible).
Exemplos
A continuación, podes consultar exemplos de aplicación das funcións SE e SECONXUNTO.
Lectura facilitada
Calc pode dicirche automaticamente se un participante conseguiu mellorar unha marca determinada. Para iso podes empregar unha función lóxica.
Funcións lóxicas
Que son?
As funcións lóxicas establecen condicións. Esas condicións poden ser "verdadeiras" ou "falsas".
Se a condición é verdadeira, a función obterá un resultado. Se a condición é falsa obterá un resultado distinto.
Como se escriben as funcións lóxicas?
Hai moitas funcións lóxicas. Cada unha escríbese dunha maneira distinta. Pero moitas teñen unha forma similar a esta:
= NOMEDAFUNCIÓN (Condición, outros)
NOMEDAFUNCIÓN é o nome que ten a función en Calc.
A condición é unha expresión matemática que pode ser verdadeira ou falsa.
Outros poden ser resultados se a condición é verdadeira, ou se é falsa.
Algunhas funcións lóxicas
Podes ver 2 funcións lóxicas que empregarás na resolución do reto: a función SE e a función SECONXUNTO.
1. A función SE comproba unha condición. Se é verdadeira obtén un resultado. Se é falsa obtén un resultado distinto. A estrutura da función SE é a seguinte:
=SE(Condición; Valor se verdadeiro; Valor se falso)
A condición é unha expresión matemática que pode ser verdadeira ou falsa.
Se é verdadeira, o resultado da función será o "Valor se verdadeiro". Se é falsa, o resultado será o "Valor se falso".
2. A función SECONXUNTO comproba varias condicións. A primeira condición que se cumpra dará o resultado. Se ningunha das condicións se cumpre dará unha mensaxe de erro. A estrutura é a seguinte:
=SECONXUNTO(Condición 1; Resultado 1; Condición 2; Resultado 2; ...)
Se a Condición 1 é verdadeira, o resultado da función será Resultado 1.
Se a Condición 1 é falsa, pasamos á Condición 2.
Se a Condición 2 é verdadeira, o resultado da función será Resultado 2.
Se a Condición 2 é falsa, compróbase a seguinte.
Pode haber máis condicións. A primeira que se cumpre dá o resultado.
Se ningunha condición se cumpre, o resultado dará o erro #N/D (non dispoñible).
Exemplos
A continuación, podes consultar exemplos de aplicación das funcións SE e SECONXUNTO.




