Saltar navegación

Gráficas de comparación

Gráficas de columnas

Imaxe da gráfica de columnas en LibreOffice Calc

Queres ter unha visión clara dos tempos de todos os participantes nunha proba atlética? Podes empregar a gráfica de columnas.



Gráficas de columnas

Que son as gráficas de columnas?

As gráficas de columnas son un tipo de gráfica na que os valores se representan mediante columnas verticais. A altura que ten cada columna indica o valor asociado. 

Para que se empregan?

  • Para comparar valores entre distintos elementos.
  • Para ver de maneira rápida que atleta ten mellor ou peor marca.
  • Para amosar diferenzas claras entre distintos participantes.

Exemplos

Comparativa do primeiro intento de todos os participantes nunha proba de 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento, e simplemente queremos obter unha comparativa do intento 1 de todos os participantes polo nome, unicamente teremos que coller a columna na que aparece o nome, e a columna na que aparece o intento 1, e inserir unha gráfica de columnas. Para ver os valores dos datos, tes que darlle co botón dereito do rato sobre as columnas e marcar "Inserir etiquetas de datos". O resultado sería o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de columnas

Comparativa do mellor intento dos participantes da categoría júnior nunha proba de 100 metros lisos

Se collemos a nosa táboa de adestramento, e queremos facer unha gráfica na que se represente o mellor intento de todo os participantes de categoría júnior, temos que escoller os alumnos e alumnas nados entre os anos que corresponden con esa categoría, despois engadir unha columna denominada "Mellor intento", na que empreguemos a función MÍNIMO para escoller o mínimo tempo entre os tres intentos, e finalmente inserir unha gráfica de columnas. O resultado sería o seguinte:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de columnas

Comparativa das precipitacións medias mensuais nunha determinada localidade durante un ano

Se conseguimos as precipitacións mensuais nunha determinada localidade (no exemplo, Lugo), durante un ano, podemos empregar unha gráfica de columnas para facer esta comparativa máis visual. Na imaxe pódese ver como empregamos unha gráfica de columna para as precipitacións, e de liña para as temperaturas.

Na imaxe pódese ver unha gráfica que representa un climograma de Lugo durante un ano

Lectura facilitada

Imaxe da gráfica de columnas en LibreOffice Calc

Queres ter unha visión clara dos tempos de todos os participantes nunha proba atlética?

Podes empregar a gráfica de columnas.



Gráficas de columnas

Que son as gráficas de columnas?

Nas gráficas de columnas os valores represéntanse mediante columnas verticais.

A altura que ten cada columna indica o valor asociado. 

Para que se empregan?

  • Para comparar valores entre distintos elementos.
  • Para ver de maneira rápida que atleta ten mellor ou peor marca.
  • Para amosar diferenzas claras entre distintos participantes.

Exemplos

Comparativa do primeiro intento de todos os participantes nunha proba de 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento e queremos obter unha comparativa do intento 1 de todos os participantes polo nome, temos que:

  1. Coller a columna na que aparece o nome, e a columna na que aparece o intento 1.
  2. Inserir unha gráfica de columnas.
  3. Para ver os valores dos datos, tes que darlle co botón dereito do rato sobre as columnas e marcar "Inserir etiquetas de datos".
  4. O resultado sería o seguinte:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de columnas

Comparativa do mellor intento dos participantes da categoría júnior nunha proba de 100 metros lisos

Se collemos a nosa táboa de adestramento, e queremos facer unha gráfica na que se represente o mellor intento de todo os participantes de categoría júnior, temos que:

  1. Escoller os alumnos e alumnas nados entre os anos que corresponden con esa categoría.
  2. Logo engadir unha columna denominada "Mellor intento", na que empreguemos a función MÍNIMO para escoller o mínimo tempo entre os tres intentos.
  3. Finalmente inserir unha gráfica de columnas.
  4. O resultado sería o seguinte:

Representación de un exemplo do emprego da gráfica de columnas

Comparativa das precipitacións medias mensuais nunha determinada localidade durante un ano

Se conseguimos as precipitacións mensuais nunha determinada localidade (no exemplo, Lugo), durante un ano, podemos empregar unha gráfica de columnas para facer esta comparativa máis visual.

Na imaxe pódese ver como empregamos unha gráfica de columna para as precipitacións, e de liña para as temperaturas.

Na imaxe pódese ver unha gráfica que representa un climograma de Lugo durante un ano

Gráficas de barras

Imaxe da gráfica de barras en LibreOffice Calc

Queres saber os tempos medios dos participantes nunha proba de atletismo en cada categoría? Podes empregar a gráfica de barras.



Gráficas de barras

Que son as gráficas de barras?

As gráficas de barras son moi similares ás de columnas, pero con barras horizontais en lugar de verticais. A lonxitude que ten cada barra indica o valor asociado. Adoitan empregarse cando os nomes das categorías sexan moi longos, ou cando existan moitas categorías.

Para que se empregan?

  • Para comparar valores entre distintos elementos de nomes longos.
  • Para comparar grupos ou categorías de maneira visual.
  • Para amosar diferenzas claras entre diferentes participantes.

Exemplos

Comparativa do mellor intento de todos os participantes nunha proba dos 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento, e simplemente queremos obter unha comparativa do mellor intento de tódolos participantes co seu nome e apelido, podemos facer unha columna na que concatenar o nome e o apelido de cada un dos participantes (CONCATENAR(B2;" ";A2), despois escoller o mellor tempo de cada un dos participantes empregando a función MÍNIMO, e finalmente podemos empregar a gráfica de barras con estas dúas últimas columnas. O resultado sería o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de barras

Comparativa do número de alumnos que van en cada medio de transporte ao instituto

Imaxina que facemos unha enquisa nun instituto de 490 alumnos, para comprobar en que medio de transporte se desprazan ao instituto diariamente. A gráfica de barras sería ideal para ilustrar os resultados da enquisa, mostrando un resultado que podería ser o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de barras a partir dunha enquisa

Lectura facilitada

Imaxe da gráfica de barras en LibreOffice Calc

Queres saber os tempos medios dos participantes nunha proba de atletismo en cada categoría?

Podes empregar a gráfica de barras.



Gráficas de barras

Que son as gráficas de barras?

As gráficas de barras son moi similares ás de columnas.

Nas gráficas de barras, as barras son horizontais en lugar de verticais.

A lonxitude que ten cada barra indica o valor asociado. 

Adoitan empregarse cando os nomes das categorías sexan moi longos, ou cando existan moitas categorías.

Para que se empregan?

  • Para comparar valores entre distintos elementos de nomes longos.
  • Para comparar grupos ou categorías de maneira visual.
  • Para amosar diferenzas claras entre diferentes participantes.

Exemplos

Comparativa do mellor intento de todos os participantes nunha proba dos 100 metros lisos

Se temos a nosa táboa de adestramento e queres obter unha comparativa do mellor intento de todos os participantes co seu nome e apelido, podes:

  1. Facer unha columna na que concatenar o nome e o apelido de cada un dos participantes (CONCATENAR(B2;" ";A2),
  2. Despois escoller o mellor tempo de cada un dos participantes empregando a función MÍNIMO,
  3. Finalmente podemos empregar a gráfica de barras con estas dúas últimas columnas.
  4. O resultado sería o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de barras

Comparativa do número de alumnos que van en cada medio de transporte ao instituto

Imaxina que facemos unha enquisa nun instituto de 490 alumnos, para comprobar en que medio de transporte se desprazan ao instituto diariamente.

A gráfica de barras sería ideal para ilustrar os resultados da enquisa.

Un resultado podería ser o seguinte:

Representación dun exemplo do emprego da gráfica de barras a partir dunha enquisa

Adestramento: Gráfica de columnas

Vas facer unha gráfica de columnas na que escollas aos participantes da categoría infantil tanto masculina como feminina co seu mellor tempo nos 100 metros lisos.

Abre, en LibreOffice Calc, a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3 e gárdaa co nome "graficacolumnas.ods".

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha columna na que calcules o mellor intento de cada participante. Recorda que para iso tes a función MÍNIMO.
  2. Engade outra columna na que poñas o nome e apelido dos participantes. Recorda que para isto tes a función CONCATENAR.
  3. Engade outra columna co ano de nacemento de cada participante, a partir da data de nacemento.
  4. Filtra os datos para escoller aos participantes da categoría infantil (ano de nacemento 2012 ou 2013).
  5. Insire a gráfica a partir do nome e apelidos e o mellor intento.
  6. Gárdaa co nome "graficacolumnas.ods".

Lectura facilitada

Vas facer unha gráfica de columnas.

Vas representar datos da proba dos 100 metros lisos.

Vaste centrar na categoría infantil.

Escollerás os datos dos participantes masculinos e femininos.

Abre, en LibreOffice Calc, a folla de datos "Adestramentos.ods" que descargaches ao principio desta Fase 3. 

Gárdaa co nome "graficacolumnas.ods".

A continuación, realiza os seguintes pasos:

  1. Engade unha columna na que calcules o mellor intento de cada participante. Recorda que para iso tes a función MÍNIMO.
  2. Engade outra columna na que poñas o nome e apelido dos participantes. Recorda que para isto tes a función CONCATENAR.
  3. Engade outra columna co ano de nacemento de cada participante, a partir da data de nacemento.
  4. Filtra os datos para escoller aos participantes da categoría infantil (ano de nacemento 2012 ou 2013).
  5. Insire a gráfica a partir do nome e apelidos e o mellor intento.
  6. Gárdaa co nome "graficacolumnas.ods".

Como quedaría?

Aquí podes ver unha mostra do resultado ao que deberías chegar:

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Adestramento - Gráfica 1

Afondamento: Gráfica de barras

Superaches sen suar o adestramento básico das gráficas de comparación? Entón aínda che quedan forzas para afondar un pouco máis no manexo destas gráficas.

Agora vas intentar facer unha gráfica que compare os tempos medios dos participantes na proba de 100 m, pero por categoría.

O primeiro que tes que facer será calcular a media dos tres intentos de cada un dos participantes.

Despois, o que tes que facer é ir facendo filtros. Por exemplo, para escoller os datos da categoría infantil feminina, terás que filtrar os datos da columna do xénero, e filtrar os datos dunha columna que terás que crear co ano de nacemento de cada participante.

Finalmente, crearás unha táboa coas seis categorías e os tempos medios obtidos en cada unha das categorías.

Lectura facilitada

Tes que facer unha gráfica que compare os tempos medios dos participantes na proba de 100 m.

O resultado tense que amosar diferenciado por categoría.

Sigue estes pasos:

  1. Calcula a media dos tres intentos de cada un dos participantes.
  2. Aplica filtros:
    • Exemplo: para escoller os datos da categoría infantil feminina, terás que filtrar os datos da columna do xénero, e filtrar os datos dunha columna que debes crear co ano de nacemento de cada participante.
  3. Crea unha táboa coas seis categorías e os tempos medios obtidos en cada unha das categorías.

Como quedaría?

Captura de pantalla onde se ve o resultado da tarefa Afondamento - Gráfica de barras

Feito con eXeLearning (Nova xanela)