Saltar navegación

1.1. A polo reto!

Olimpíada de datos

O concello no que vivides está a organizar unhas competicións de atletismo autonómicas para as categorías infantil, cadete e júnior ás que asistirán deportistas de toda Galicia. Estas competicións traerán á vila a centos de deportistas. Para asegurar o éxito destas competicións precisan axuda no tratamento dos datos dos deportistas, das competicións nas que participan, das marcas que acadarán en cada proba, etc.

O voso reto consiste en facer o mantemento, a xestión e o tratamento dos datos dos participantes e dos resultados acadados nas diferentes probas, e tamén elaborar informes e gráficos que permitan aos organizadores e ao concello obter información detallada sobre o desenvolvemento destas competicións. 

Lectura facilitada

O concello está a organizar unhas competicións de atletismo autonómicas.

Participan deportistas de todas Galicia nas categorías infantil, cadete e júnior.

O concello precisa axuda para que as competicións sexan un éxito.

O reto consiste na xestión e tratamento dos datos dos participantes e dos resultados acadados en cada proba.

Tamén debedes elaborar informes e gráficos para a organización e o concello coa información máis importante destas competicións.

Apoio visual

Imaxe con varias probas de atletismo.

Que pasos tedes que seguir?

Pictograma de descarga dun documento cun ordenador1. Recepción de datos

O concello proporcionaravos unha base de datos con todos os rexistros persoais dos deportistas, a categoría á que pertencen, as probas nas que participaron e os resultados acadados en cada unha delas.

pictograma dun grupo de 3 persoas reunidas nunha mesa cun taboleiro detrás no que hai documentos e imaxes colgadas.2. Formación de grupos e repartición do traballo

Para facilitar o tratamento dun volume de datos tan grande, traballaredes en grupos de 3 estudantes. Cada membro do grupo será o encargado da xestión e tratamento dos datos dunha das categorías: infantil, cadete ou júnior. Tamén será o encargado de elaborar os informes e gráficos coa información máis relevante para esa categoría.

Pictograma dunha persoa facendo un plan nun encerado.3. Preparación do terreo

Antes de comezar a traballar coa base de datos, teredes que extraer os rexistros que fan referencia á categoría que cada membro do grupo escolleu no paso anterior.

Pictograma dun ordenador procesando datos de diferentes servidores e ofrecendo táboas e gráficas por pantalla4. Traballo cos datos

Organizaredes e filtraredes os datos, realizaredes cálculos, aplicaredes funcións e presentaredes informes e gráficos.

Pictograma de tres persoas reunidas, sentadas arredor dunha mesa5. Posta en común dos datos e resultados

Xuntaredes as análises de cada membro do grupo nun único documento para facer valoracións conxuntas.

Pictograma dun informe (folla de papel cuberta con texto)6. Conclusións

En grupo elaborades un informe final no que recolledes as conclusións do voso traballo para compartilas co resto da clase.

Lectura facilitada

Que pasos tedes que seguir?

1º) Recepción de datos.

O profesorado entrégavos unha folla de cálculos con todos os datos persoais dos deportistas.

2º) Formación de grupos e reparto do traballo.

Traballaredes en grupos de 3 estudantes e repartiredes o traballo.

Cada membro do grupo encárgase da xestión e tratamento dos datos dunha categoría.

3º) Preparación do terreo.

Extraer da folla de cálculo os datos que fan referencia á categoría que escolliches no paso anterior.

4º) Traballo cos datos.

Organizar e filtrar os datos.

Facer cálculos e aplicar funcións.

Presentar a información en informes e gráficos.

5º) Posta en común de datos e resultados.

Xuntar as análises de cada membro do grupo nun único documento para facer valoracións conxuntas.

6º) Conclusións.

En grupo, elaborar un documento de texto ou unha presentación das conclusións do voso traballo para compartilas co resto da clase.

Momento de reflexión

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Antes de comezar a traballar na consecución do reto, chega o momento de deternos un cacho a reflexionar sobre o que acabamos de aprender.

Estiveches a traballar na diferenza entre datos e información, e puideches ver varios exemplos da cantidade enorme de datos que manexamos ou intercambiamos no día a día. Tamén che presentamos o reto e chega o momento de prepararse para afrontar co teu equipo como conseguir completalo.

Para estes espazos de reflexión empregarás o diario de aprendizaxe, que irás completando ao longo do reto para recoller as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, e compartir cos membros do teu equipo as túas impresións. Responde, entre outras, as seguintes preguntas:  Coñecías as diferenzas entre datos e información? Que che parece o reto? Como podes colaborar e traballar conxuntamente co teu equipo para conseguir completalo? Non esquezas compartir co teu equipo as túas reflexións e anotar as conclusións no diario común.

    Lectura facilitada

    Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

    Agora debes a reflexionar un cacho sobre o que acabas de aprender.

    Traballaches a diferenza entre datos e información e viches exemplos da cantidade enorme de datos que intercambiamos a diario.

    Tamén sabes en que consiste o reto.

    Empregarás o diario de aprendizaxe para recoller as experiencias vividas e compartir cos membros do teu equipo as túas impresións.

    Responde as seguintes preguntas:  

    • Coñecías as diferenzas entre datos e información?
    • Que che parece o reto?
    • Como podes colaborar e traballar conxuntamente co teu equipo para conseguir completalo? 

      Cal é a meta do reto?

      Cando superes o reto serás capaz de:

      • Comprender a utilidade da folla de cálculo e como axuda no tratamento de datos para extraer información.
      • Empregar unha folla de cálculo para realizar operacións básicas e crear fórmulas sinxelas.
      • Deseñar unha folla de cálculo para procesar datos e extraer información útil.
      • Representar os datos en forma de gráficos e diagramas que faciliten o acceso visual á información.
      • Valorar o uso das ferramentas dixitais como medio para xestionar proxectos reais.
      • Xerar informes de resultados claros e visuais.

      Lectura facilitada

      Neste recurso aprenderás a:

      • Comprender a utilidade da folla de cálculo no tratamento de datos para extraer información
      • Empregar unha folla de cálculo para realizar operacións básicas.
      • Empregar unha folla de cálculo para crear formulas sinxelas.
      • Deseñar unha folla de cálculo para procesar datos e extraer información útil.
      • Representar os datos en forma de gráficos. Os gráficos axudan ao expresar información de forma visual.
      • Valorar o uso das ferramentas dixitais como medio para xestionar proxectos reais.
      • Xerar informes de resultados claros e visuais.

      Feito con eXeLearning (Nova xanela)