Charla de equipo
As xogadas individuais déronvos como resultado os informes de cada categoría, pero lembrade que sodes un equipo, polo que cómpre que as poñades en común para seguir obtendo información de interese.
A continuación tes a estratexia para xerar o informe final e máis abaixo podes ver un exemplo feito con outros datos. Adiante, campión/a!
O proceso
1. Creación dun arquivo único
- Creade un libro de Calc cos resultados das categorías individuais que se chame Resultados_Nomedaproba.ods.
- Lembra que o libro ten que ter 4 follas:
- 3 follas para os resultados de cada categoría, é dicir, os resultados que cada membro do grupo obtivo no seu informe individual. Para isto, creade unha folla que se chame "Categoría_Nome_Apelido" para cada membro do equipo. Nesta folla estarán os informes individuais de cada membro.
- 1 folla co nome da proba da que se ocupou o voso equipo ("100 ml" ...).
2. Elaboración do informe grupal
Na folla grupal, tedes que presentar a información global da proba, presentando os datos conxuntos de todas as categorías. Polo tanto tedes que:
- Escoller e incluír os rexistros cos datos de cada membro do grupo que ofrezan información relevante da súa categoría.
- É básico que vos poñades de acordo para que os datos sexan coherentes. Por exemplo, se comparades distintas categorías, non podedes escoller nunha categoría os mellores tempos e noutra as medias.
- Elaborar como mínimo un gráfico con información da vosa proba, na que se amosen resultados das tres categorías.
3. Maquetaxe do informe
Lembrade presentar os resultados dun xeito visual axeitado.
- As táboas deben ter destacados os títulos, deben ter bordos e dimensións apropiadas.
- Os gráficos deben ser os idóneos para a información que se quere presentar, e ter título, nomes dos eixes e lenda se é preciso.
Lectura facilitada
Obtivestes de xeito individual os informes de cada categoría.
Pero lembrade que sodes un equipo.
Debedes xuntar eses datos para seguir obtendo información de interese.
A continuación tes a estratexia para xerar o informe final.
Máis abaixo podes ver un exemplo feito con outros datos.
Adiante, campión/a!
O proceso
1. Creación dun arquivo único
- Creade un libro de Calc cos resultados das categorías individuais que se chame Resultados_Nomedaproba.ods.
- Lembra que o libro ten que ter 4 follas:
- 3 follas para os resultados de cada categoría. En cada unha estarán os resultados que cada membro do grupo obtivo no seu informe individual. Para isto, creade unha folla que se chame "Categoría_Nome_Apelido" para cada membro do equipo. Nesta folla estarán os informes individuais de cada membro do equipo. E esa folla levará o seu nome e apelido e a categoría na que traballou.
- 1 folla co nome da proba da que se ocupou o voso equipo ("100 ml" ...).
2. Elaboración do informe grupal
Na folla grupal presentade a información global da proba.
Presentaredes os datos conxuntos de todas as categorías.
Polo tanto tedes que:
- Escoller e incluír os datos de cada membro do grupo que ofrezan información relevante da súa categoría.
- É básico que vos poñades de acordo para que os datos sexan coherentes. Por exemplo, non podedes escoller nunha categoría os mellores tempos e noutra as medias.
- Elaborar como mínimo un gráfico con información da vosa proba. Ese gráfico amosará resultados das tres categorías.
3. Maquetaxe do informe
Lembrade presentar os resultados dun xeito visual axeitado.
- Destacade os títulos nas táboas.
- Poñede bordos e dimensións apropiadas nas táboas.
- Escollede os gráficos máis axeitados para a información que se quere presentar.
- Poñede título e nomes nos eixes dos gráficos.
- Incluíde a lenda da gráfica se é necesario.


