Funcións estatísticas
Queres coñecer cantos atletas participaron nunha determinada proba? Ou cal foi o menor tempo nunha proba de velocidade? Todos estes datos poderás calculalos coas funcións estatísticas.
Funcións estatísticas
Que son as funcións estatísticas
As funcións estatísticas axúdannos na análise de datos, podendo contar os datos nun rango de celas ou ben os datos que cumpren unha condición concreta, facer medias, determinar o valor máximo ou mínimo dun rango de datos ou análises estatísticas máis complexas.
Sintaxe das funcións estatísticas
A sintaxe das funcións estatísticas é: "=NOME_FUNCIÓN(Valor1;Valor2;...)" para operacións sinxelas como contar os números que hai nun conxunto de celas.
Para calcular os valores que verifican un determinado criterio nun intervalo de celas a sintaxe sería "=NOME_FUNCIÓN(Intervalo;Criterios)".
Algunhas funcións estatísticas
Algunhas das funcións estatísticas máis empregadas e de utilidade para o reto son:
- CONTA: conta o número de valores que contén unha lista de argumentos.
- CONTARSE: conta o número de valores dentro dun intervalo que cumpren un determinado criterio.
- MÁXIMO e MÍNIMO: devolven o valor máximo ou o valor mínimo dunha lista de argumentos.
Exemplos
A continuación, podes consultar como aplicar algunhas funcións estatísticas a un conxunto de datos:
Lectura facilitada
Queres coñecer cantos atletas participaron nunha determinada proba?
Queres saber cal foi o menor tempo nunha proba de velocidade?
Todos estes datos poderás calculalos coas funcións estatísticas.
Funcións estatísticas
Que son as funcións estatísticas
As funcións estatísticas axúdannos na análise de datos.
Estas funcións poden:
- Contar os datos nun rango de celas.
- Contar os datos que cumpren unha condición concreta.
- Facer medias.
- Determinar o valor máximo ou mínimo dun rango de datos.
Sintaxe das funcións estatísticas
A sintaxe das funcións estatísticas é:
"=NOME_FUNCIÓN(Valor1;Valor2;...)"
para operacións sinxelas como contar os números que hai nun conxunto de celas.
Para calcular os valores que verifican un determinado criterio nun intervalo de celas a sintaxe sería
"=NOME_FUNCIÓN(Intervalo;Criterios)".