Lista de cotexo
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Completa a lista de cotexo marcando as casas correspondentes ás actividades rematadas.
Xa tedes o voso documento feito. Parabéns!
Pero... funciona? Serve para o que foi creado?
Axudaría a Sabela se tivese que viaxar a algún destes lugares?
Probade se realmente o voso documento é capaz de achegar a información sobre a lingua que se vos pide. Poderiades tentar probar entre vós.
Simulade que algún do grupo é un viaxeiro sen coñecementos da lingua do lugar que visita. Tras ver o voso traballo coñece mellor a lingua do lugar?
Tamén, de ser posible, é interesante ensinarlle o voso documento a unha ou varias persoas alleas á aula. A isto chamámoslle testar un produto.
Tras estas probas poderedes facer modificacións, se fose preciso. Así podedes mellorar o produto final.
Imos probar o noso traballo da lingua
Xa temos feito o noso reto. Que ben! Pero... funciona? Serve para o que o fixemos? Axudaría a alguén que viaxa a un destes lugares?
Imos probar se o noso traballo explica ben a lingua.
Podemos facer unha proba entre nós. Un do grupo fará como se fose unha persoa que viaxa e non coñece a lingua. Despois de ver o noso traballo, entende mellor a lingua do lugar?
Tamén sería bo ensinarlle o noso traballo a outras persoas que non son da clase. Así veremos se o entenden ben. Isto chámase probar un produto.
Despois destas probas, podemos cambiar o que non estea ben. Así o noso traballo final será mellor.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0