Non só é falar
Na fase anterior tiveches que falar cos compañeiros e compañeiras. Fixeches preguntas e coas súas respostas descubriches moitas cousas que non sabías da xente da túa clase. O mesmo sucedeu cando ti respondiches as preguntas que che fixeron.
Cando transmitimos e intercambiamos información estamos realizando un feito comunicativo.
Un emisor e un receptor transmiten unha mensaxe empregando un código común coñecido por ambas as partes.
Que ambas as partes coñezan o contexto e que non haxa ruídos ou interferencias facilitan a comunicación.
Lectura facilitada
Antes falaches cos teus compañeiros e compañeiras. Fixeches preguntas e aprendiches cousas novas sobre eles.
Cando eles che preguntaron a ti, tamén descubriron cousas sobre ti.
Cando falamos e compartimos información, estamos comunicándonos.
Unha persoa que fala (emisor) e outra que escoita (receptor) envían unha información (mensaxe). Para entendernos, necesitamos usar unha lingua (código) que coñezamos os dous.
É máis fácil comunicarse cando sabemos de que estamos falando (contexto) e non hai cousas que nos distraian ou molesten (ruídos ou interferencias).
