Saltar navegación

1.1. Facemos comunidade

O primeiro día

Nena de pé con posición e expresión que denotan nerviosismo

Sabela non coñece a ninguén no novo curso. 

Ao chegar á nova clase lembra as súas amizades de Barcelona e sorrí.

O seu avó dille que seguro atopará alguén con quen xogar, falar e ler, que é o que máis lle gusta facer no mundo.

Ás veces sucede que chegamos a un lugar e hai moita xente á que non coñecemos.

Igual é o teu caso.

Poida que non coñezas a ninguén na aula, ou que coñezas só unhas poucas persoas.

Mesmo pode que coñezas a toda a xente.

Sexa como for estas actividades van facer que coñezas mellor a todas e todos.

Lectura facilitada

Sabela chega a unha clase nova e non coñece a ninguén.

Lembra aos seus amigos de Barcelona e ponse contenta.

O seu avó dille que seguro que fará amigos novos para xogar, falar e ler. A Sabela encántalle ler!

Ás veces chegamos a un sitio novo e non coñecemos a case ninguén.

Pode ser que che pase a ti tamén.

Quizais non coñezas a ninguén da clase, ou só a algúns.

Ou pode que coñezas a todos.

Non importa! Estas actividades axudarán a todos a coñecerse mellor.

Somos iguais, somos diversidade

Érguete e busca alguén:

  • Que teña máis de tres irmás ou irmáns.
  • Que lle guste ler.
  • Que teña o mesmo número de pé ca ti.
  • Que fora esta semana ao cine.
  • Que non teña móbil.
  • Que nacera o mesmo mes ca ti.
  • Que sexa unha persoa tímida.
  • Que lle guste bailar.
  • Que lle dean medo os lóstregos.
  • Que se sinta orgullosa de como é.
  • Que teña algunha habilidade.
  • Que saiba bailar a muiñeira.
  • Que teña animais na casa.
  • Que non lle guste o reggaeton.
  • Que veña ao instituto sen almorzar.
  • Que saiba o que significa aturuxar.
  • Que lle guste moito viaxar.
  • Que visitara un país estranxeiro.
  • Que toque algún instrumento musical.
  • Que non lle gusten as lambetadas.

Lectura facilitada

Agora, imos facer unha actividade para coñecer mellor aos teus compañeiros! Levántate e busca persoas que cumpran estas características:

Que teña máis de tres irmás ou irmáns.
Que lle guste ler.
Que teña o mesmo número de pé ca ti.
Que fora esta semana ao cine.
Que non teña móbil.
Que nacera o mesmo mes ca ti.
Que sexa unha persoa tímida.
Que lle guste bailar.
Que lle dean medo os lóstregos.
Que se sinta orgullosa de como é.
Que teña algunha habilidade.
Que saiba bailar a muiñeira.
Que teña animais na casa.
Que non lle guste o reggaeton.
Que veña ao instituto sen almorzar.
Que saiba o que significa aturuxar.
Que lle guste moito viaxar.
Que visitara un país estranxeiro.
Que toque algún instrumento musical.
Que non lle gusten as lambetadas.

Presentámonos

Ao principio do REA coñeciches a Sabela. Sabes onde vivía, cantas linguas fala, onde vive agora e con quen, mesmo como é a súa familia. Agora es ti quen se ten que presentar á aula. Responde as seguintes cuestións e elabora a túa presentación.

  • Cal é o teu nome?
  • De onde es e cantas linguas falas?
  • Na casa que linguas fala a túa familia?
  • Que linguas estás aprendendo e cales che gustaría aprender?
  • Tes habilidade para as linguas?

Lectura facilitada

Xa coñeces un pouco a Sabela. Agora, imos coñecerte a ti! Responde a estas preguntas para presentarte á clase:

Como te chamas?
De onde es? Cantas linguas falas?
Que linguas fala a túa familia na casa?
Que linguas estás aprendendo? Que linguas che gustaría aprender?
Dánchese ben as linguas?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)