Saltar navegación

3.2. Ola!

E ti, como saúdas?

Grupo de amigos

Traballamos en grupo.

Esta tarefa consta de 3 partes que deberás realizar en orde. Non esquezas ningunha.

1.º  Pescudade sobre a lingua que tedes asignada para coñecer mellor as expresións básicas que se empregan nun saúdo sinxelo.

2.º Despois escribe no caderno como se di na lingua que vos tocou o seguinte:

                                              Ola!

                                              Como estás?

                                              Chámome...

                                              Vivo en...

                                              Teño... anos.

                                              Ata logo!

3.º Unha vez escrito o texto describe unha situación comunicativa onde se poidan empregar estas expresións. 

Lectura facilitada

Para traballar en grupo:

Esta tarefa ten 3 partes.

Hai que facelas unha despois da outra.

Non esquezades ningunha parte.

1. Buscar información:

Primeiro, buscade información sobre a lingua que vos tocou. Así poderedes saber como se din as cousas máis importantes para saudar de forma sinxela.

2. Escribir no caderno:

Despois, escribide no voso caderno como se di isto na lingua que vos tocou:

Ola!
Como estás?
Chámome...
Vivo en...
Teño... anos.
Ata logo!
3. Contar unha historia:

Cando xa teñades escrito todo isto, pensade nunha situación comunicativa e, que se poidan usar estas expresións para falar con alguén. Escribide esta situación.

Promocionando linguas!

A normalización lingüística é un proceso que ten como fin conseguir prestixio e falantes para unha lingua. No despregable tes dous enlaces que pertencen a diferentes campañas de normalización lingüística. Estas campañas están dirixidas á poboación dos lugares onde se falan as linguas que promoven. A primeira imaxe é do goberno de Asturias e promove a lingua asturiana e a segunda é da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega xunto co concello de Lugo, promovendo a lingua galega.

Campaña do goberno de Asturias

Apúntome!

Campaña do concello de Lugo e a AELG

Enredando co galego

Observa as imaxes con atención. Tenta entender que transmiten. Podes axudarte contestando estas preguntas.

  • Que mensaxe transmiten?
  • Que elementos da comunicación están presentes?
  • Por que pensas que entidades como estas organizan campañas de promoción da lingua?
  • Cres que son necesarias campañas deste tipo? 

Despois de analizar as imaxes poñede en común, na clase, as vosas reflexións e as conclusións ás que fostes chegando cada un de vós.

Lectura facilitada

Campañas para que a lingua se use máis

Que é a normalización lingüística?

A normalización lingüística é cando se intenta que unha lingua teña máis importancia e que máis persoas a falen. Queren que a lingua sexa valiosa para a xente.

Dous exemplos de campañas:

Hai dúas campañas diferentes para que a xente use máis as súas linguas.

A primeira é de Asturias. Queren que a xente fale máis a lingua asturiana.

A segunda é de Galicia (Lugo). A Asociación de escritores e escritoras en lingua galega e o concello de Lugo xuntos queren que a xente fale máis galego.

Estas campañas fálanlle á xente que vive nos lugares onde se falan estas linguas.

Mira ben as imaxes e pensa:

Que queren dicir as imaxes?

Cal é a mensaxe principal?

Que cousas hai nas imaxes que nos dan información? (Debuxos, fotos, palabras...)

Por que pensas que o Goberno de Asturias e a Asociación de escritores de Galicia fan estas campañas?

Por que queren que a xente use máis estas linguas?

Pensas que é importante facer campañas coma estas? Por que si ou por que non?

Despois de analizar as imaxes poñede en común, na clase, as vosas reflexións e conclusións.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)