Saltar navegación

3. Viaxamos coa lingua

 

Glosario

Fonema

fonemas z e s

Definición:

Unidade lingüística máis pequena con significado.

Exemplo:

Caza e casa distínguense cun só fonema.

Que son as linguas?

Dúas rapazas saúdanse

Agora que xa coñeces as características da lírica e os elementos e procesos dun feito comunicativo, encamíñaste correctamente cara á consecución do reto. Cando se viaxa é importante coñecer o lugar que visitas e iso implica coñecer a lingua que alí se fala. Esa é a base do reto.

As linguas son códigos que serven para comunicármonos, de feito son un dos códigos máis empregados. Xa que cun número moi limitado de elementos (fonemas) es capaz de construír infinitos enunciados.

Somos quen de chegar a facer mensaxes moi complexas. Mesmo somos quen de empregar eses códigos lingüísticos para expresar o que sentimos. E aquí aparece a lírica.

Os poemas son parte fundamental da literatura dunha lingua. Xa que é unha das manifestacións literarias máis numerosas da literatura popular. E a literatura popular conforma un dos principais piares da identidade dun pobo.

O reto consiste na creación dun documento onde se recolla información dunha lingua dun territorio concreto. Sabela lémbrache o que levas facendo ata agora:

Na fase 1 viches diferentes linguas peninsulares e actualmente ti e o teu grupo tedes asignada, xa, unha desas linguas.

Na fase 2 viches os elementos da comunicación e a lírica.

Nesta fase repasaremos as linguas e a lírica a través de poemas traducidos e diferentes reflexións.

Ao rematar esta fase xa estarás a só un paso do reto!

Lectura facilitada

Encamíñaste correctamente cara á consecución do reto. 

A base do reto son as linguas da península.

As linguas son códigos que serven para comunicármonos. Xa que cun número moi limitado de elementos (fonemas) es capaz de construír infinitos enunciados.

Somos quen de empregar eses códigos lingüísticos para expresar o que sentimos. E aquí aparece a lírica.

Os poemas son parte fundamental da literatura dunha lingua. 

O reto consiste na creación dun documento onde se recolla información dunha lingua dun territorio concreto. Sabela lémbrache o que levas facendo ata agora:

Na fase 1 viches diferentes linguas peninsulares e agora ti e o teu grupo tedes asignada, xa, unha desas linguas.

Na fase 2 viches os elementos da comunicación e a lírica.

Nesta fase repasaremos as linguas e a lírica a través de poemas traducidos e diferentes reflexións.

Ao rematar esta fase xa estarás a só un paso do reto!

 
 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)