Diario de aprendizaxe
Ás veces cremos que non lembramos os contidos que vimos en cursos pasados, pero seguro que coas actividades que fixeches nesta fase lembraches máis do que esperabas.
Reflexionamos sobre os feitos comunicativos e os elementos da comunicación. Tamén vimos diferenzas entre os distintos xéneros literarios.
Ter frescos estes conceptos axudarán a que consigas o reto. Telos todos claros?
Vai ao teu diario de aprendizaxe e completa as preguntas da fase 2.
Lectura facilitada
Ás veces pensamos que non nos acordamos das cousas que aprendemos noutros cursos, pero coas actividades que fixeches agora lembraches máis do que esperabas.
Pensamos sobre como nos comunicamos e as cousas importantes que hai na comunicación.
Tamén vimos as diferenzas entre os distintos tipos de textos literarios (como os poemas, as obras de teatro e os contos).
Ter claras estas ideas axudarache a conseguir o reto.
Entendiches todo ben?
Agora, vai ao teu diario de aprendizaxe e responde as preguntas da fase 2.