O penúltimo esforzo
Estas actividades poden axudarche a conseguir o reto final. Escolle, polo menos, unha delas.
Se cres que podes, fainas todas!
Estas actividades poden axudarche a conseguir o reto final. Escolle, polo menos, unha delas.
Se cres que podes, fainas todas!
Esta canción que se titula "Cri cri" pertence ao libro-CD A nena e o grilo de Magín Blanco. Escóitaa con atención (CRI CRI). Copia no teu caderno as oracións das diferentes linguas e tradúceas ao galego. Indica cales non se falan na Península Ibérica.
Aquí tes a letra para axudarche:
Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,
la-la-la-la, la-la-la-la, ti vas falar:
Je parle avec les yeux, tu parles avec le coeur.
Che piccolo è il mondo ma quanti visi ha.
yo hablo todo el día y hablo sin parar.
Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,
ié-ié-ié-ié, ié-ié-ié-ié, fale voçé:
Eu falo cos avós e falo coas crianças,
falo dos novos tempos e falo das lembranças,
movo a minha lingua para abaixo para acima,
teu sorriso é a minha vitamina.
Cri-cri-cri-cri, eu estou aquí e falo cri-cri-cri, cri-cri (bis)
Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,
uo-uo, uo-uo, uo-uo, fale o señor:
Jo parlo molt i bé i amb moltíssima gent.
I am speaking to the people I am looking for my way.
Eta telebista bezala, berriketan ari naiz.
Eljött a messzeségbõl az éneklõ madár.
Cri-cri-cri-cri, eu estou aquí e falo cri-cri-cri, cri-cri (bis)
Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri, cri-cri... eu falo así...
A nena e o grilo, Magín Blanco e Iván Prieto, OQO Editora, 2010 (ISBN -978-84-9871-259-9)
En galego dicimos grazas. Sabes como se di noutras linguas da Península?
Relaciona cada forma coa súa lingua correspondente.
En galego dicimos grazas. Sabes como se di noutras linguas da Península?
\nRelaciona cada forma coa súa lingua correspondente.
\n\nNa seguinte actividade verás como un poema dunha das autoras máis importantes da nosa lingua foi traducido a moreas de linguas diferentes.
A ver se es quen de emparellar a tradución coa lingua correspondente! Tes memoria? Adiante!!
Lembra! Este poema é unha despedida, isto é, recrea un feito comunicativo; a voz lírica (emisor) expresa os seus sentimentos (mensaxe) ao despedirse de Galicia (contexto). Ademais emprega a lingua escrita (código e canle) para que nós o poidamos ler (receptor).
Se queres saber como é o poema noutras linguas do mundo entre en Planeta Rosalía da Fundación Rosalía de Castro.
Na seguinte actividade verás como un poema dunha das autoras máis importantes da nosa lingua foi traducido a moreas de linguas diferentes.
\nA ver se es quen de emparellar a tradución coa lingua correspondente! Tes memoria? Adiante!!
\nLembra! Este poema é unha despedida, isto é, recrea un feito comunicativo; a voz lírica (emisor) expresa os seus sentimentos (mensaxe) ao despedirse de Galicia (contexto). Ademais emprega a lingua escrita (código e canle) para que nós o poidamos ler (receptor).
\nSe queres saber como é o poema noutras linguas do mundo entre en Planeta Rosalía da Fundación Rosalía de Castro.
\n\n\nAgora que xa sabes moito sobre a lingua que tiveches que traballar, vas procurar dúas persoas que sexan importantes para esa lingua. Unha das persoas ten que dedicarse a escribir poesía e a outra a facer música.
Para que o teu traballo sexa máis completo e o reto máis vistoso, escribe no teu caderno o título dunha obra poética dun dos autores que atopaches e copia, polo menos, unha estrofa dalgún poema que che guste.
Fai o mesmo cunha das persoas da música, escribe no teu caderno o título dalgún dos seus traballos, escolle unha canción que che guste e copia, polo menos, o retrouso.
Agora xa sabes moito da lingua que estudaches.
Busca dúas persoas importantes para esa lingua.
Unha persoa debe escribir poemas.
A outra persoa debe facer música.
Para que o teu traballo sexa mellor, escribe no teu caderno:
O nome dun libro de poemas dun dos autores que atopaches.
Un anaco dun poema que che guste (polo menos catro liñas).
Fai o mesmo coa persoa da música:
Escribe o nome dun dos seus traballos (por exemplo, un disco ou unha canción).
Escolle unha canción que che guste e copia o que se repite (o retrouso). Tamén podes copiar algo máis da canción.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0