Saltar navegación

2. Comunicámonos coa poesía

 

Glosario

Rima

Caderno escrito

Definición:

Coincidencia de fonemas dende a última sílaba acentuada de dous ou máis versos.   

Exemplo:

      Como a rima era de vogais e consoantes dixo que tiña rima consoante.

Feito comunicativo

 Definición:

Acto de transmisión e intercambio de mensaxes.

  Exemplo:

      Sen coñecer o código empregado non pode haber feito comunicativo.

Para pensar e lembrar

Nena sentada na herba lendo un libro mentres nenos xogan


Sabela está lendo un libro no parque. É un libro de poemas. Encántalle a poesía! Descubriuna cando comezou a ler sobre as letras das cancións dun dos seus grupos de música favoritos. Gústalle ver as rimas e xogos de palabras que hai agochados nos versos. E ás veces mesmo xoga a poñer música aos poemas que le.

Nos días de verán adoita ler ao aire libre. Como está a facer hoxe. O problema é que os pequerrechos fan demasiado ruído cos seus xogos e iso fai que, de cando en vez, se distraia da lectura. 

Decatácheste de que cando unha persoa escribe unha canción quere achegar unha mensaxe ao seu público?

Hai cancións de amor ou de desamor, que falan de ledicia ou de tristura... Cando unha persoa escribe un libro tamén quere achegar unha mensaxe aos lectores e lectoras.

Fíxate no seguinte:

A autora do libro achega unha mensaxe a Sabela. Emprega como canle a palabra escrita, neste caso nun libro. O código no que emite a mensaxe é a lingua galega, na que está escrito o libro. O feito comunicativo ten lugar no parque. Este é o contexto da comunicación. Como hai nenos xogando o balbordo que producen pode ser ruído que afecta a esa comunicación.

Todos estes termos son os elementos da comunicación e interactúan en todas as conversas, comunicacións e transmisións de mensaxes. Lembras como funcionan?

Lectura facilitada

Sabela está lendo un libro de poemas no parque.

Os cantantes poñen música a poemas. Teñen rimas e xogos de palabras.

Nos días de verán adoita ler ao aire libre. Como está a facer hoxe.

O ruído fai que se distraia da lectura. 

Decatácheste de que cando unha persoa escribe unha canción quere achegar unha mensaxe ao seu público?

Hai diferentes tipos de cancións como de amor ou desamor.

Cando unha persoa escribe un libro tamén quere achegar unha mensaxe.

Fíxate no seguinte:

A autora do libro achega unha mensaxe a Sabela. Emprega como canle a palabra escrita, neste caso nun libro. O código no que emite a mensaxe é a lingua galega, na que está escrito o libro. O feito comunicativo ten lugar no parque. Este é o contexto da comunicación. Como hai nenos xogando o balbordo que producen pode ser ruído que afecta a esa comunicación.

Todos estes termos son os elementos da comunicación e interactúan en todas as conversas, comunicacións e transmisións de mensaxes. Lembras como funcionan?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)