Saltar navegación

2.2. Rimar e cantar... todo é comezar

Xogamos cos textos. A lírica

 
Agora sabes un pouco máis de Sabela. Gústalle ler poesía. Os poemas son textos propios do xénero lírico. Cada xénero, lírico, dramático e narrativo, ten as súas propias características. Que lembras destes tres grandes xéneros? Pon a proba os teus coñecementos coa seguinte actividade.

Le con atención os seguintes textos. Fíxate en como están escritos: estrutura, estilo...

Despois responde as preguntas da actividade que aparece debaixo.

Lectura facilitada

Agora coñeces un pouco mellor á Sabela. A ela gústalle ler poemas. Os poemas son un tipo de texto que pertence ao xénero lírico.

Hai tres grandes tipos de textos: lírico (como os poemas), dramático (como as obras de teatro) e narrativo (como os contos e as novelas). Cada un ten as súas propias formas de escribirse e características.

Que lembras sobre estes tres tipos de textos? Imos comprobar o que sabes con esta actividade.

Le con atención os seguintes textos. Mira como están escritos: como se organizan, que tipo de palabras usan...

Despois, responde as preguntas da actividade que está debaixo.

Xogamos cos textos

Pregunta

Que afirmacións identificas co Texto 1, de Singala?

Respostas

É un diálogo entre personaxes.

Está escrito para ser representado.

Está en verso.

Está en prosa.

Retroalimentación

Pregunta

O Texto 2 de Antonio García Teijeiro: 

Respostas

Está en prosa.

Está en verso.

Usa principalmente unha linguaxe figurada (metáforas, comparacións, imaxes...)

O texto ten ritmo, poderíase cantar ou rapear.

Divídese en actos e escenas.

Retroalimentación

Pregunta

No Texto 3, de Paula Carballeira, son correctas as afirmacións...                     

Respostas

Estrutúrase en parágrafos.

Caracterízase por xogar coa linguaxe.

Está en verso.

O seu fin é expresar sentimentos, emocións...

Retroalimentación

Pregunta

O Texto 4 de Carlos Negro...

Respostas

Está en prosa.

Ten ritmo e pódese cantar ou rapear.

Está en verso.

Retroalimentación

Características dos xéneros

Traballamos en grupo. No caderno fai unha táboa en que poñas as características dos diferentes xéneros literarios (teatral, lírico e narrativo) que aparecen na actividade anterior.

Engade dúas características máis a cada xénero, teñen que ser diferentes ás da actividade.

Completa a túa táboa coas dos outros grupos.

Lectura facilitada

No teu caderno, debuxa unha táboa con tres columnas.

En cada columna escribe o nome dun tipo de texto literario: TEATRAL, LÍRICO e NARRATIVO.

Na actividade anterior, viches algunhas cousas sobre como son estes textos. Escribe esas características na columna que corresponda.

Agora, pensa en dúas características máis para cada tipo de texto que non aparezan na actividade.

Escríbeas tamén na túa táboa.

Cando todos os grupos teñan feita a súa táboa, compartide a información.

Completa a túa táboa coas características que atoparon os outros grupos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)