Glosario
Escala
-
Definición:
-
Proporción ou tamaño para medir os obxectos.
-
Exemplo:
-
A escala 2:1 é xusto o dobre da medida real.
Definición:
Proporción ou tamaño para medir os obxectos.
Exemplo:
A escala 2:1 é xusto o dobre da medida real.
Cómo xa sabedes, o noso reto consiste en construír unha cidade... Pero que ten que colgar do teito! Non podemos facela a tamaño real porque non nos cabería na aula, así que precisamos un truco: usar escalas.
As escalas permítennos representar cousas reais en tamaños diferentes, sen cambiar a súa forma nin proporción. Así, podemos facer unha casa que na realidade mide 10 metros, nun anaquiño de cartón de 10 centímetros, se usamos unha escala de 1:100.
Nesta situación de aprendizaxe, imos crear unha instalación artística feita de cartón, onde cada equipo deseñará unha parte dunha cidade imaxinaria: rúas, pontes, casas, torres, árbores… Para que todo encaixe, temos que aprender a usar as escalas como auténtico alumnado de arquitectura e arte.
Construír unha cidade de cartón.
O noso reto é construír unha cidade de cartón.
Pero esta cidade ten que colgar do teito.
Non podemos facer unha cidade real, porque non colle na aula.
Por iso, temos que facer unha cidade máis pequena.
Para iso usamos escalas.
Unha escala é unha relación entre o tamaño real dun obxecto e o seu tamaño representado nun plano, debuxo ou maqueta.
Por exemplo:
Se unha casa real mide 10 metros de alto e a debuxamos de 10 centímetros nun plano, estamos usando unha escala 1:100.
Se debuxamos unha flor máis grande do que é na realidade, usamos unha escala 2:1.
A escala sempre se escribe en forma de dúas cifras separadas por dous puntos: 1:2, 1:10, 2:1, etc.
Existen varios tipos de escalas, e cada unha ten un uso diferente:
Por exemplo:
1:1 É o tamaño real
Un debuxo dunha regra a tamaño real
1:10 O obxecto é 10 veces máis pequeno
Un plano dunha aula
2:1 O obxecto está debuxado o dobre de grande
Un debuxo dunha formiga agrandada
Que é unha escala?
Unha escala é unha relación entre o tamaño real e outro tamaño.
O tamaño real e o que se representa nun plano ou maqueta son distintos.
Por exemplo:
Escala 1:100 cando unha casa real mide 10 metros de alto e a debuxamos de 10 centímetros.
A escala 2:1 é cando debuxamos unha flor máis grande que na realidade.
A escala escríbese con dúas cifras.
Escribimos as dúas cifras con dous puntos no medio: 1:2 ou 1:10.
Tipos de escalas
Existen varios tipos de escalas.
Cada tipo de escala utilízase para cousas distintas.
Por exemplo:
1:1 É o tamaño real
Un debuxo dunha regra a tamaño real.
1:10 O obxecto é 10 veces máis pequeno.
Un plano dunha aula.
2:1 O obxecto debuxado é o dobre de grande.
Un debuxo dunha formiga agrandada.
Aprenderemos a usar as escalas para deseñar a nosa cidade de cartón colgante, feita con partes construídas por vós. Debemos poñernos de acordo coa escala que imos empregar, para que todo encaixe no espazo e quede ben coas demais pezas.
É o momento de reflexionar e pensar que escala se axeita máis á instalación que queredes construír. Pensade no espazo onde se montará a instalación e falade co profesorado para valorar cal é a mellor opción.
Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODP.
Se o precisas, consulta có profesorado o xeito de cubrila.
O reto é facer unha cidade imaxinaria.
Cada equipo vai deseñar unha parte da cidade.
Poden facer casas, rúas ou árbores, entre outros.
Toda a cidade vai estar feita de cartón.
E toda vai colgar do teito.
Usamos a mesma escala.
Así todo encaixa ben e o espazo é axeitado.
Que temos que facer agora?
Pensade onde vai estar a cidade.
Falade co profesorado.
Escollede a escala máis axeitada.
Comezade a crear a cidade.
Precisas manexar con soltura as escalas e ser quen de comentar o que expresan nunha obra de arte.
Precisas recordar que tamaño implica cada escala.
Precisas ser quen de reproducir un obxecto a escala 2:1 e 1:2.
Imos explorar como as artistas usan a escala para crear sensacións nas súas obras. Observa con atención estas tres obras artísticas:
- Un plano dunha cidade de Leonardo da Vinci
- O home que camiña de Alberto Giacometti
- Red Canna (1923) de Georgia O'Keeffe.png _by_Georgia_OKeeffe.png)
Elixe unha das obras e reflexiona:
Que escala usan?
Por que cres que o fixeron así?
Que emoción che transmite o tamaño?
Nun papel, cartòn ou outro soporte de túa elección, fai un debuxo libre dunha parte da vosa futura cidade de cartón (ex: unha casa, unha praza, unha ponte).
Emprega unha escala distinta da real (1:10, 1:5…).
Toca practicar o que vimos da escala, segue estas instrucións:
1. Escolle un obxecto pequeno da aula.
2. Mide o seu alto e ancho en centímetros e debuxao dese tamaño nun papel.
3. Debuxa ese obxecto aplicando unha escala 1:2 (a metade do tamaño real).
4. Agora debúxao en escala 2:1 (o dobre do tamaño real).
5. Compara os tres tamaños: real, pequeno e agrandado.
Reflexiona:
Que foi máis difícil?
Como cambia a percepción do obxecto segundo o tamaño?
A escala funciona como unha lupa máxica: pode facer os obxectos máis pequenos ou máis grandes, pero sempre mantendo as proporcións.
Nesta fase achegámonos ás figuras tridimensionais e á escala, que ben seguro xa sabedes que é .
Nesta parte veremos que fai falta para poder seguir avanzando e pouco a pouco acadar cada unha das fases deste reto.
Vexamos que lembras do que vimos e para iso parámonos a reflexionar. Tes que cubrir na parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.
Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.
Lembra que é un traballo tanto individual como en equipo.
Nesta fase achegámonos ás figuras tridimensionais e á escala.
Observa o que necesitas para avanzar.
Pouco a pouco acada cada unha das fases deste reto.
Lembra e reflexiona.
Cubre a parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.
Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.
É un traballo tanto individual como en equipo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0