Saltar navegación

5. A grande inauguración

 

Glosario

Inaugurar

Inauguración dun lugar

Definición:

Iniciar unha actividade cunha celebración importante.

Exemplo:

Inauguraron a exposición das obras de arte coa presenza do presidente da asociación.

Preparando a cidade para a súa inauguración

Monicaco inaugurando cun cinta diante e unha tesoiras na manLogo de semanas de traballo en equipo, de cortar, pegar, pintar, deseñar e crear… A nosa cidade de cartón xa está case lista para ser compartida co mundo! Non é unha cidade calquera: está colgada do teito, está chea de luces, cores, texturas e ideas, e está feita coas mans, a cabeza e o corazón de todas e todos vós.

Pero antes de que chegue o momento da gran apertura ao público, temos que facer os últimos preparativos para que todo estea perfecto, seguro e ben presentado. Aquí van os pasos que debemos seguir:

Lectura facilitada

Levas traballando varias semanas.

Que fixeches? Cortar, pegar, pintar, deseñar e crear.

Xa remataches a cidade de cartón.

Agora toca compartila coas demais persoas.

Esta cidade está colgada do teito.

Está chea de luces, cores, texturas e ideas.

Está feita por vós con moito traballo e agarimo.

Preparamos algunhas cousas antes de compartilo.

Os pasos que debemos seguir son os seguintes:

A apertura da nosa instalación ao público

Antes da inauguración

Revisión das estruturas

Cada equipo debe revisar con coidado a súa base e os edificios:

Está todo ben suxeito e equilibrado?
Hai algunha parte solta ou que poida caer?
Precisamos reforzar algo con máis cola ou cinta?
Se vemos algo que se pode mellorar, arranxámolo antes de continuar.

Proba da iluminación

Encendemos as luces e comprobamos que:

As ventás de acetato deixan pasar a luz como queriamos.
Os puntos de luz están colocados no lugar axeitado.
Non hai cables ou luces que molesten ou poidan caer.
Se temos espellos no chan, miramos como se reflicte a cidade e se conseguimos o efecto máxico que buscabamos.

Organización do espazo da exposición

Pensamos ben como será o percorrido das persoas que veñan visitar:

- Por onde entran e saen.
- Onde deben mirar cara arriba ou cara abaixo (se hai espellos).
- Que zonas poden tocar e cales non.
- Tamén podemos marcar no chan por onde deben camiñar, como nun museo de verdade.

Inauguración oficial

Escollemos unha data para abrir a nosa cidade ao público e:

- Invitamos outras clases, profesorado e familias.
- Podemos facer un acto de inauguración con música ou discursos curtos.

Despois da inauguración

Cada grupo visitará a instalación

Agora que a nosa cidade de cartón está rematada e aberta ao público, é o momento de parar un intre, mirar atrás e pensar no que vivimos, no que sentimos e no que aprendemos ao longo deste proxecto tan especial. 

- Que sentín cando vin a cidade colgada e iluminada por primeira vez?

- Que emocións cres que transmite a instalación?

Espazo de reflexión e debate

Abriremos un espazo de reflexión e debate no que en grande grupo poderemos compartir a experiencia co proxecto. Algúns puntos que debemos tratar:

- Como foi o proceso de creación.

- Que materiais se usaron.

- Que dificultades se atoparon no proceso creativo.

- Que emoción ou idea querían transmitir co seu edificio ou espazo.

- Que emocións credes que transmite a instalación ás persoas que a visitan?
 

Imaxe resumo REA  A cidade suspendida

Lectura facilitada

Antes da inauguración.

Revisión das estruturas e reforzamos o necesario.

Cada equipo faino e realiza os axustes necesarios.

Proba da iluminación.

Encendemos as luces.

Comprobamos que as luces funcionan ben.

Vemos o lugar no que están as luces.

Asegurámonos que todo está seguro e funciona.

Podemos pór espellos no chan.

Organización do espazo da exposición.

Pensamos ben como será o percorrido das persoas visitantes:

Observamos o percorrido que fan.

Inauguración oficial.

Escollemos unha data para compartir a nosa cidade.

Invitamos outras clases, profesorado e familias.

Podemos facer un acto de inauguración.

Despois da inauguración.

Cada grupo visitará a instalación.

Agora a nosa cidade de cartón está rematada e aberta ao público.

É o momento de ver todo o elaborado neste proxecto.

Pensa e responde ás seguintes preguntas:

- Que sentín cando vin a cidade colgada e iluminada por primeira vez?

- Que emocións cres que transmite a instalación?

Espazo de reflexión e debate.

Abriremos un espazo para compartir a experiencia no proxecto.

Algúns puntos a tratar:

- Como foi durante a creación.

- Que materiais se usaron.

- Que dificultades se atoparon.

- Que emoción ou idea querían transmitir co seu edificio ou espazo.

- Que emocións credes que transmite a instalación ás persoas que a visitan?
 
 

Rúbrica de coavaliación do produto final

Rúbrica de coavaliación: "A gran inauguración"
 Nivel 4Nivel 3Nivel 2Nivel 1
Escoitamos as ideas das demais persoas e grupos? (Respecto nas propostas)Escoitamos con moita atención e interese as ideas dos outros grupos, valorando as súas propostas e aprendendo delas. (3.33)Escoitamos con atención as ideas dos outros grupos e amosamos interese polas súas propostas. (2.5)Escoitamos algunhas das ideas dos outros grupos e respectámolas de forma xeral. (1.66)Case non escoitamos as ideas dos outros grupos ou non as tivemos en conta. (0)
Comportámonos ben ao ver as outras creacións? (Normas de comportamento)Respectamos as normas de comportamento en todo momento, amosando moito coidado e consideración polos traballos das demais. (3.33)Respectamos as normas de comportamento, movéndonos con coidado e sen molestar. (2.5)Respectamos as normas de comportamento básicas, aínda que quizais houbo algunha pequena distracción. (1.66)Non respectamos as normas de comportamento. Quizais tocamos cousas que non debíamos ou fixemos ruído. (0)
Tivemos unha actitude positivas cos outros equipos? (Actitude positiva)Amosamos unha actitude moi positiva e entusiasta ao ver o traballo dos outros grupos, felicitándoos e destacando o que máis nos gustou. (3.33)Amosamos unha actitude positiva ao ver o traballo dos outros grupos, facendo comentarios amables e valorando o seu esforzo. (2.5)Fixemos algún comentario positivo sobre o traballo dos outros grupos de forma puntual. (1.66)Non dixemos nada positivo sobre o traballo dos outros grupos ou incluso fixemos comentarios pouco amables. (0)

Elaboración propia (proxecto cREagal). Rúbrica de coavaliación: "A gran inauguración" (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica de coavaliación: "A gran inauguración". Fase 5

Rúbrica de coavaliación: "A gran inauguración"
 Nivel 4Nivel 3Nivel 2Nivel 1
Escoitamos as ideas das demais persoas e grupos? (Respecto nas propostas)Escoitamos con moita atención e interese as ideas dos outros grupos, valorando as súas propostas e aprendendo delas. (3.33)Escoitamos con atención as ideas dos outros grupos e amosamos interese polas súas propostas. (2.5)Escoitamos algunhas das ideas dos outros grupos e respectámolas de forma xeral. (1.66)Case non escoitamos as ideas dos outros grupos ou non as tivemos en conta. (0)
Comportámonos ben ao ver as outras creacións? (Normas de comportamento)Respectamos as normas de comportamento en todo momento, amosando moito coidado e consideración polos traballos das demais. (3.33)Respectamos as normas de comportamento, movéndonos con coidado e sen molestar. (2.5)Respectamos as normas de comportamento básicas, aínda que quizais houbo algunha pequena distracción. (1.66)Non respectamos as normas de comportamento. Quizais tocamos cousas que non debiamos ou fixemos ruído. (0)
Tivemos unha actitude positiva cos outros equipos? (Actitude positiva)Amosamos unha actitude moi positiva e entusiasta ao ver o traballo dos outros grupos, felicitándoos e destacando o que máis nos gustou. (3.33)Amosamos unha actitude positiva ao ver o traballo dos outros grupos, facendo comentarios amables e valorando o seu esforzo. (2.5)Fixemos algún comentario positivo sobre o traballo dos outros grupos de forma puntual. (1.66)Non dixemos nada positivo sobre o traballo dos outros grupos ou incluso fixemos comentarios pouco amables. (0)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa estamos na última fase, na que veremos o traballo dos demais, non esquezas que reflexionaremos sobre o que conseguimos ao superar este reto.

Vai ao bloque 5 do diario de aprendizaxe e bótalle unha ollada.

Ánimo!

Lectura facilitada

Xa estamos na última fase.

Toca ver o traballo dos demais.

Despois reflexiona sobre este reto.

Mira no bloque 5 do diario de aprendizaxe.

Ánimo!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)