Glosario
Cilindro
-
Definición:
-
Corpo sólido limitado pola superficie dun segmento cilíndrico pechada e limitado perpendicularmente por dúas circunferencias paralelas e idénticas.
-
Exemplo:
-
Existen varios tipos de cilindros e estúdanse en xeometría.
Cono
-
Definición:
-
Corpo sólido limitado na base con forma circular ou elíptica e rematada en punta.
-
Exemplo:
-
A galleta do xeado ten forma de cono.
Cubo
-
Definición:
-
Corpo sólido limitado por seis cadrados iguais.
-
Exemplo:
-
O cubo de Rubik é un puzzle inventado por Ernő Rubik.
Esfera
-
Definición:
-
Corpo sólido que está limitado por unha esfera.
-
Exemplo:
-
As bolas de nadal teñen forma de esfera.
Paralelepípedo
-
Definición:
-
Corpo sólido limitado por seis paralelogramos coas caras opostas iguais e paralelas.
-
Exemplo:
-
Ao cortar un paralelepípedo en calquera punto do seu longo mantén a forma dun rectángulo.
Pirámide
-
Definición:
-
Corpo sólido cun polígono na base no que as caras son triángulos e se xuntan nun só punto.
-
Exemplo:
-
As construccións piramidais tiñan fins ceremoniais.
Vertixinoso
-
Definición:
-
Que causa ou produce vertixe.
-
Exemplo:
-
O movemento do balancín era vertixinoso.
