Saltar navegación

4.2 Georgia O'Keeffe por toda a cidade

 

Glosario

Medianeira

Debuxo dun edificio

Definición:

Aquela parte común a dúas estruturas ou terreos consecutivos.

Exemplo:

Construímos unha medianeira entre as dúas casas para separalas.

 Ensamblado e montaxe da instalación

Xa levas un tempo traballando co teu equipo na túa parte da cidade de cartón, construída sobre unha base cadrada de 1 metro por 1 metro. Agora chegou o momento de xuntar todas as partes da cidade e montar a instalación artística final, colgándoa do teito para que quede como unha cidade que flota!

Como xuntar as bases entre equipos

Cada base é como un barrio da cidade. Para unilas, podedes usar cinta adhesiva forte ou bridas de plástico nas esquinas.
Se a vosa cidade precisa máis espazo, podedes engadir outra base de 1 m² e conectala igual.
É importante que todas as bases queden ben suxeitas, sen moverse, coma se fosen unha única superficie.

Como colgar a cidade do teito

Nas catro esquinas de cada base, fixaremos fíos, cordas ou fíos de nylon transparentes ben atados.
As bases colgaranse do teito coidando que queden rectas e á mesma altura. Podemos usar ganchos ou barras do teito, sempre con axuda do profesorado.
Se queremos que a cidade estea inclinada ou en diferentes alturas, podemos xogar coas longuras dos fíos para crear efectos máis artísticos.

Como escoller a aula para montar a instalación

Antes de montar a cidade, temos que escoller o lugar perfecto. Para iso, debemos organizarnos co profesorado e ter en conta estes criterios: 

- Teito con barras ou estruturas onde se poida colgar con seguridade.
- Altura suficiente para que se vexa a cidade dende abaixo sen tocar o chan.
- Espazo libre debaixo, para que poidan pasar as persoas e mirar ben a instalación.
- Boa iluminación (natural ou artificial) para que se vexan ben os detalles e as luces.
- Se é posible, que sexa un lugar onde outras persoas poidan visitar a nosa cidade: o corredor principal, a biblioteca ou un espazo común.


 Importante: Toda a montaxe debe facerse con moito coidado, en equipo e coa axuda do profesorado, para garantir que todo queda seguro e ben fixado.

Lectura facilitada

A túa cidade está nunha base cadrada de 1 metro por 1 metro.

Xuntamos todas as partes da cidade

Montamos a instalación artística final.

Colgamos o resultado do teito.

É unha cidade suspendida.

Como xuntar as bases entre equipos

Cada base é como un barrio da cidade.

Para unilas podes usar cinta adhesiva forte ou bridas.

Podes engadir outra base de 1 metro cadrado.

Une ben todo.

Como colgar a cidade do teito

Pon cordas ou fíos de nylon nas catro esquinas das bases.

As colgamos do teito coidando que queden rectas.

Podemos usar ganchos ou barras con axuda do profesorado.

As longuras dos fíos axudan a crear efectos máis artísticos.

Como escoller a aula para montar a instalación:

Antes de montar a cidade, temos que escoller o lugar.

Para iso temos en conta estes criterios: 

Barras e estruturas seguras.

Altura suficiente.

Espazo libre debaixo.

Boa iluminación.

Espazo común doado de visitar.


Importante:

Toda a montaxe debe facerse con moito coidado.

É mellor en equipo e coa axuda do profesorado.

Podedes probar a...

...Usar espellos no chan!!!


Lembrades a instalación de Yayoi Kusama que vimos? Alí o chan tiña espellos que facían que todo parecese infinito. Podemos facer algo parecido!

Colocando láminas de espello ou cartón prateado no chan debaixo da nosa cidade, parecerá que continúa cara abaixo.

O reflexo tamén fará que a luz se multiplique e haxa máis efectos máxicos.

Unha cidade chea de arte

Monicaco pintando unha medianeira

Imos levar a nosa cidade de cartón a outro nivel de creatividade! Imaxina que cada edificio non só se constrúe a partir de formas xeométricas, senón que tamén teña a súa propia “historia” decorada nas suas fachadas. Podes aproveitar a inspiración das obras de Georgia O’Keeffe, unha artista que amaba as formas, as cores e a naturaleza, para engadir detalles únicos nas medianeiras dos edificios.

Moitas cidades como Vigo, Santiago ou Ordes teñen programas para decorar as fachadas dos seus edificios con obras de artistas locais. En Vigo por exemplo existe o programa "Vigo cidade de cor (abre en nova xanela)" que decora as rúas con arte urbano e pinturas ao aire libre.

Ti e o teu equipo podedes pintar, pegar recortes ou debuxar pequenas versións das obras de O’Keeffe nas pezas intermedias dos vosos edificios. Isto enriquecerá a vosa cidade, facéndoa parecer un espazo onde o arte e a arquitectura se unen para contar historias cheas de cor e emoción.

Experimentade combinando tintas, recortes de papel e outros elementos decorativos para que as vosas medianas reflexen a beleza e a sensibilidade da obra de O’Keeffe. O resultado final será unha cidade de cartón non só estruturada e imaxinativa, senón tamén un exemplo de como a arte pode transformar os espazos urbanos!

Lectura facilitada

Sexamos máis creativas e creativos na nosa cidade!

Imaxina a cidade con moito máis que formas xeométricas.

Os edificios teñen fachadas nas que podemos ver historias.

Mira as obras de Georgia O’Keeffe para inspirarte.

Engade detalles únicos nas medianeiras dos edificios.

Cidades como Vigo, Santiago ou Ordes teñen as fachadas decoradas.

Algunhas das obras son de artistas locais.

En Vigo por exemplo existe o programa "Vigo cidade de cor (abre en nova xanela)" .

Neste programa decóranse as rúas con arte urbano e pinturas ao aire libre.

Ti e o teu equipo podedes pintar, pegar recortes ou debuxar nas pezas intermedias dos vosos edificios.

Utiliza pequenas versións das obras de O’Keeffe.

Mesturar arquitectura e arte axuda a contar historias.

Isto fará que a vosa cidade teña máis cor e emoción.

Experimentade combinando tintas, recortes de papel e outros elementos decorativos.

O resultado final será unha cidade de cartón estruturada e imaxinativa.

A arte pode transformar os espazos urbanos!

Valoramos o proceso

Despois de crear a vosa cidade suspendida e decorala como máis vos guste, cubre esta "Diana de valoración". Servirache para valorar o traballo feito.

Descarga aquí a diana de valoración en cor (nova xanela)

Descarga aquí a diana de valoración en formato eco-sostible (nova xanela)

Rúbrica de autoavalición: "Unha instalación artística". Fase 4

Rúbrica de autoavalición: " Unha instalación artística"
 Nivel 4Nivel 3Nivel 2Nivel 1
Axudei no grupo?Traballei moi ben co meu grupo, dando ideas moi boas e animando ás demais persoas. Axudei a que todo saíse ben. (1.428)Traballei ben co meu grupo para facer a nosa parte da cidade. Demos boas ideas e axudámonos entre todas as persoas. (1.05)Axudei un pouco a facer a nosa parte da cidade. Demos algunhas ideas e traballei un pouco coas miñas compañeiras e compañeiros. (0.7)Case non axudei a facer a nosa parte da cidade. Non dei ideas nin traballei coas miñas compañeiras e compañeiros. (0)
Fun ordenada/o e limpei?Fun unha persoa moi ordenada e limpei todo moi ben. Coidei os materiais coma se fosen meus e axudei a que as demais persoas tamén o fixesen. (1.428)Fun unha persoa ordenada e limpei ben o meu sitio. Coidei os materiais para que se puidesen seguir usando. (1.05)Intentei ser unha persoa ordenada e limpar un pouco cando rematei. Coidei os materiais máis ou menos. (0.7)Deixei todo desordenado e non coidei ben os materiais. (0)
Probei cores e materiais novos?Probei moitas cores e materiais diferentes, mesturándoos e facendo cousas moi orixinais na nosa cidade. (1.428)Probei diferentes cores e materiais como lapis de carbón ou acuarela para facer cousas chulas na nosa cidade. (1.05)Usei algunha cor diferente ou algún material novo que non usara antes. (0.7)Non usei cores diferentes nin materiais que non coñecía. (0)
Busquei ideas no ordenador? (se fixo falta)Busquei moitas ideas e información interesantes no ordenador que fixeron que a nosa parte da cidade fose mellor e máis creativa. (1.428)Busquei ideas e información no ordenador que nos serviron para facer a nosa parte da cidade. (1.05)Mirei algunha cousa no ordenador que nos axudou coa nosa parte da cidade. (0.7)Non usei o ordenador para buscar ideas para a nosa cidade. (0)
Fixen edificios con volume?Fixen edificios con moito volume e formas moi interesantes para a nosa parte da cidade. (1.428)Traballei para que os edificios da nosa parte da cidade tiveran volume e diferentes formas. (1.05)Axudei a facer algúns edificios con volume para a nosa parte da cidade. (0.7)Non axudei a facer os edificios con volume, só fixen cousas planas. (0)
Usei a liña horizontal para dar profundidade?Usei a liña horizontal de forma moi intelixente e a nosa cidade parece moito máis profunda e interesante. (1.428)Usei ben a liña horizontal na nosa cidade e notouse que daba sensación de profundidade. (1.05)Usei a liña horizontal un pouco na nosa cidade para que parecese que había cousas máis lonxe. (0.7)Non usei a liña horizontal ou case non se nota na nosa cidade. (0)
Tiven interese e coidado?Púxenlle moitas ganas e coidado a todo o traballo. Quedou moi ben feito e limpo. (1.428)Quixen facer o traballo o mellor posible e tiven coidado con todos os detalles. Quedou bastante ben. (1.05)Intentei facer o traballo ben e con coidado. (0.7)Non me importou moito facer o traballo ben. Non fun unha persoa coidadosa. (0)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica de coavalición: " Unha instalación artística". Fase 4

Rúbrica de coavalición: "Unha instalación artística"
 Nivel 4Nivel 3Nivel 2Nivel 1
Axudáronse todas as persoas?Todas traballaron moi ben xuntas, dando ideas moi boas e animándonos. Axudáronse para que todo saíse xenial. (1.428)Todas traballaron ben xuntas para facer a nosa parte da cidade. Todas as persoas deron ideas e axudáronse. (1.05)Case todas axudaron a facer a nosa parte da cidade. Todas as persoas deron algunha idea e traballaron un pouco. (0.7)Non todas axudaron por igual. Algunhas persoas traballaron máis que outras. (0)
Foron persoas ordenadas e limpas?Foron moi ordenadas e limparon todo moi ben. Coidaron os materiais coma se fosen seus e axudaron a que as demais persoas tamén o fixesen. (1.428)Foron ordenadas e limparon ben o seu sitio. Coidaron os materiais para que se puidesen seguir usando. (1.05)Intentaron ser ordenadas e limpar un pouco cando remataron. Coidaron os materiais máis ou menos. (0.7)Deixaron todo desordenado e non coidaron ben os materiais do equipo. (0)
Probaron cores e materiais novos?Probaron moitas cores e materiais diferentes, mesturándoos e facendo cousas moi orixinais na súa cidade. (1.428)Probaron diferentes cores e materiais como lapis de carbón ou acuarela para facer cousas chulas na súa cidade. (1.05)Usaron algunha cor diferente ou algún material novo que non usaran antes. (0.7)Non usaron cores diferentes nin materiais que non coñecían. (0)
Buscaron ideas no ordenador? (se fixo falta)Buscaron moitas ideas e información interesantes no ordenador que fixeron que a súa parte da cidade fose mellor e máis creativa. (1.428)Buscaron ideas e información no ordenador que lles serviron para facer a súa parte da cidade. (1.05)Miraron algunha cousa no ordenador que as e os axudou coa súa parte da cidade. (0.7)Non usaron o ordenador para buscar ideas para a súa cidade. (0)
Fixeron edificios con volume?Fixeron edificios con moito volume e formas moi interesantes para a súa parte da cidade. (1.428)Traballaron para que os edificios da súa parte da cidade tiveran volume e diferentes formas. (1.05)Crearon algúns edificios con volume para a súa parte da cidade. Intentaron que tiveran volume. (0.7)Non crearon edificios con volume interesantes para a súa parcela. Só fixeron cousas planas. (0)
Usaron a liña horizontal para dar profundidade?Usaron a liña horizontal de forma moi intelixente e a súa cidade parece moito máis profunda e interesante. (1.428)Usaron ben a liña horizontal na súa cidade e notouse que daba sensación de profundidade. (1.05)Usaron a liña horizontal un pouco na súa cidade para que parecese que había cousas máis lonxe. (0.7)Non usaron a liña horizontal ou case non se nota na súa cidade. (0)
Tiveron interese e coidado?Puxéronlle moitas ganas e coidado a todo o traballo. Quedou moi ben feito e limpo. (1.428)Quixeron facer o traballo o mellor posible e tiveron coidado con todos os detalles. Quedou bastante ben. (1.05)Intentaron facer o traballo ben e con coidado. (0.7)Non se esforzaron moito en facer o traballo ben. Non foron persoas moi coidadosas. (0)
  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa está o traballo rematado! 

Tendes a vosa cidade suspendida creada e agora xa só falta compartilo co resto da comunidade. Iso é xenial! 

Antes de nada, recorda que fai falta pararse a reflexionar sobre o realizado nesta fase. Utiliza o bloque 4 do diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Diario de aprendizaxeXa está o traballo rematado! 

Tendes a vosa cidade suspendida creada.

Agora a compartilo co resto da comunidade.

Iso é xenial! 

Reflexiona sobre o realizado nesta fase. 

Utiliza o bloque 4 do diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)