Glosario
Tridimensional
-
Definición:
-
Referido a que ten tres dimensións.
-
Exemplo:
-
A figura que imos debuxar terá tres dimensións.
Definición:
Referido a que ten tres dimensións.
Exemplo:
A figura que imos debuxar terá tres dimensións.
A xeometría non vive só nos libros: tamén está nas cousas que nos rodean. As caixas, as latas, os edificios ou mesmo os xogos de mesa teñen formas tridimensionais. Iso quere dicir que teñen altura, anchura e profundidade. A esas formas tamén lles chamamos sólidos xeométricos.
Cando combinamos a xeometría coa arte, podemos crear esculturas, maquetas e instalacións artísticas feitas con materiais sinxelos como o papel ou o cartón. A este tipo de creacións chámaselles elementos tridimensionais, porque podemos velos desde diferentes puntos de vista e teñen volume.
Traballar con formas tridimensionais axúdanos a:
- Comprender mellor o espazo e as formas.
- Mellorar a nosa coordinación e precisión.
- Expresar ideas e sentimentos a través da arte.
A xeometría está en todas partes
A xeometría non vive só nos libros.
Tamén está nas cousas que ves cada día.
Por exemplo:
- As caixas.
- As latas.
- Os edificios.
- Os xogos de mesa.
Estas cousas teñen forma.
E tamén teñen tres medidas:
altura, anchura e profundidade.
Estas formas chámanse sólidos xeométricos.
Arte con formas xeométricas.
Podes facer arte con estas formas.
Por exemplo:
esculturas, maquetas ou obras de cartón.
Estas creacións chámanse elementos tridimensionais.
Iso significa que teñen volume.
Tamén significa que podes velas desde varios lados.
Para que serve traballar con estas formas.
Traballar con formas tridimensionais é útil.
Axúdache a:
- Entender mellor o espazo.
- Coidar os teus movementos.
- Ser máis preciso.
- Expresar ideas e sentimentos coa arte.

Chegou o momento de poñer a proba as nosas destrezas para deseñar e montar diferentes figuras tridimensionais usando cartón reciclado.
Materiais necesarios:
- Cartón fino (de caixas recicladas)
- Tesoiras ou cutter (con supervisión)
- Regra
- Lapis
- Cola ou cinta adhesiva
- Modelos ou padróns (opcional)
Paso a paso: facemos un cubo de cartón
Debuxo do desenvolvemento plano:
- Nun anaco de cartón, debuxa 6 cadrados iguais unidos entre si como unha cruz: 4 cadrados en liña recta e un cadrado a cada lado do segundo cadrado da liña. Este será o desenvolvemento do cubo.
- Recorta a figura con tesoiras ou un cutter (sexa con coidado ou co apoio dunha persoa adulta).
- Dobra polas liñas onde se xuntan os cadrados, creando así as caras do cubo.
- Usa cola ou cinta adhesiva para unir as caras. Asegúrate de que todas as esquinas encaixan ben.
- Decora o teu cubo con debuxos, cores ou texturas que expresen a túa creatividade.
Experimenta:
Proba a facer pirámides, prismas ou cilindros.
Garda estas figuras, poden servirnos de base para os edificios da nosa cidade.
Facemos figuras con cartón.
Agora é o momento de usar a túa imaxinación.
Vas crear figuras con cartón.
Estas figuras teñen tres dimensións.
Podes tocalas por todos os lados.
Materiais que necesitas:
- Cartón fino de caixas usadas.
- Tesoiras ou cutter. Sempre cunha persoa adulta.
- Regra.
- Lapis.
- Cola ou cinta adhesiva.
- Padróns para marcar (opcional).
Como facer un cubo de cartón:
Paso 1
Colle un anaco de cartón.
Debuxa 6 cadrados iguais.
Colócaos como unha cruz:
4 cadrados en liña recta.
1 cadrado á dereita do segundo cadrado.
1 cadrado á esquerda do segundo cadrado.
Isto chámase desenvolvemento plano.
Paso 2
Recorta a figura.
Faino con coidado ou coa axuda dunha persoa adulta.
Paso 3
Dobra os cadrados polas liñas.
Así formas as 6 caras do cubo.
Paso 4
Pega as caras do cubo.
Usa cola ou cinta adhesiva.
As caras deben quedar ben unidas.
Paso 5
Decora o teu cubo.
Podes usar cores, debuxos ou texturas.
Pensa algo que che guste.
Despois de construír as figuras, falade en gran grupo sobre:
- Que formas foron máis doadas ou máis difíciles de montar?
- En que situacións reais vemos estas formas?
- Como podemos usar estas figuras na nosa instalación artística colectiva?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0