Saltar navegación

2. A arte e a xeometría

 

Glosario

Abstracta (arte)

Ilustración de arte abstracta

Definición:

Estilo de arte que non representa a realidade de xeito obxectivo e formula un enfoque distinto das cousas.

Exemplo:

A arte abstracta comezou a inicios do século XX.

Art Déco

Art Déco

Definición:

Estilo artístico con influencia nas artes a partir do 1920.

Exemplo:

A Art Déco deixou obras moi importantes que reflicten as características propias do estilo.

Compás

Debuxo dun compás aberto

Definición:

Ferramenta que ten dous extremos que se axustan para poder medir e para realizar curvas regulares.

Exemplo:

O compás permite realizar múltiples medidas en xeometría.

Cubismo

Unha imaxe que simula o cubismo.

Definición:

Corrente artística de inicios do śeculo XX  que achegaba ideas contrarias ás naturalistas da realidade e usaba figuras xeométricas.

Exemplo:

As obras que pertencen ao cubismo mesturan cores e figuras xeométricas.

A xeometría que alimenta a arte

Monicaco pintando un mural con figuras xeométricas

Se miramos ao noso redor, veremos que a xeometría forma parte da nosa vida cotiá: nos edificios, nas rúas, nas obras de arte e ata na natureza. A próxima vez que vexas unha cidade con rañaceos, fíxate en como as súas formas xeométricas e a perspectiva fan que pareza máis impresionante. Coa axuda do compás e das figuras xeométricas, podemos crear arte marabillosa, igual que fixeron grandes artistas inspirados en Nova York, como Georgia O'Keeffe.

A arte e a arquitectura de Nova York están cheas de formas xeométricas. Se observamos edificios como o Chrysler Building, veremos moitos triángulos, arcos e liñas rectas. Ese estilo é o Art Déco,  que seguro que recordas, e que buscaba representar a modernidade e o avance da sociedade a través da xeometría e as cores metálicas.

Moitos estilos artísticos empregaron formas xeométricas como base das súas obras: 

- O cubismo empregaba cubos, cilindros e outras formas básicas para representar obxectos desde diferentes puntos de vista.
- A arte abstracta utilizaba figuras xeométricas simples para crear composicións cheas de expresión e emoción.
- No Art Déco, as liñas rectas e as formas xeométricas daban sensación de luxo e velocidade.

Lectura facilitada

A xeometría está moi presente na nosa vida diaria.

Vela nos edificios, nas rúas, nas obras de arte e na natureza.

Cando vexas unha cidade con edificios moi altos, fíxate nas súas formas.

As formas xeométricas e a maneira de mirar desde abaixo semellan máis grandes.

Co compás e coas figuras xeométricas tamén facemos arte.

Moitas artistas usaron estas formas de crear cadros.

Un exemplo é Georgia O'Keeffe.

Esta artista inspirouse na cidade de Nova York.

A arte e a arquitectura de Nova York teñen moitas formas xeométricas.

Por exemplo, o edificio Chrysler ten triángulos, arcos e liñas rectas.

Este estilo chámase Art Déco.

O Art Déco utiliza a xeometría e as cores metálicas para mostrar modernidade e progreso.

Apoio visual

Apoio visual 2

En busca da inspiración

Para poder levar o noso reto a bo termo e conseguir unha auténtica cidade suspendida, precisamos facer como as grandes artistas e conseguir inspiración. Georgia O'Keeffe inspirouse na cidade onde viviu, Nova York, para poder crear moitas das súas obras. Nós podemos viaxar de maneira virtual para obter inspiración e crear una obra marabillosa. 

Dividídevos en equipos de 4 persoas e buscade imaxes de cidades e rañaceos que vos resulten inspiradoras, que vos atraian polas súas formas ou cores, que vos resulten interesantes pola disposición dos seus edificios... 

Imos imprimir todas esas fotos e colocalas nun mural que teremos presente durante todo o proceso, servíndonos de inspiración. Podedes engadir outras cousas que vos resulten interesantes: 

— Manchas de cores que vos apetece empregar. 

— Anacos de diferentes papeis ou cartóns con diferentes texturas coas que vos apeteza experimentar.

— Las, cintas, papel celofán... todo aquelo que pensedes que pode facer máis interesante á vosa cidade, todas as cousas que poden enriquecer a vosa obra.

Será moi interesante ir engadindo elementos a medida que avanzamos co reto, e telo presente durante a creación da cidade final.

Lectura facilitada

Buscamos inspiración.

Queremos facer unha Cidade Suspendida.

Inspirarse é buscar ideas para crear algo.

Georgia O’Keeffe inspírase en Nova York.

Nova York é unha cidade con edificios moi altos.

Agora nós buscamos ideas para facer a nosa cidade.

Non viaxamos de verdade.

Facemos unha viaxe virtual.

Unha viaxe virtual é cando buscamos cousas en internet.

Que temos que facer?

Formade grupos de 4 persoas.

Cada grupo busca imaxes de cidades e edificios altos.

Buscade imaxes que vos gusten polas cores, formas e a colocación dos edificios.

Imprimimos esas fotos.

Pegámolas nun mural.

O mural queda na aula todo o tempo.

Recorremos a el mentres creamos a cidade.

Podemos engadirlle cousas ou:

- Manchas de cores para usar.

- Papeis ou cartóns con diferentes texturas.

- As texturas son como se nota algo ao tocalo.

- La, cintas, papel celofán ou calquera outro material.

Todo o que pensedes é boa idea para unha cidade bonita.

Creamos xuntos pouco a pouco o mural.

Engadimos cousas novas.

Teremos unha cidade moi creativa.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)