Glosario
Arte
-
Definición:
-
Forma de expresión pola que se crean obras de valor estético para o que se requiren certos coñecementos.
-
Exemplo:
-
O seu último cadro é unha obra de arte e está exposta no museo municipal.
Instalación artística
-
Definición:
-
É un xénero de arte contemporáneo dos anos 60 no que a obra está por riba de aspectos formais. Normalmente utilízanse directamente os espazos de exposicións de arte.
-
Exemplo:
-
A instalación artística que máis me gustou foi a que vimos en Ámsterdam.
Perspectiva
-
Definición:
-
Modo de presentar os obxectos nunha superficie plana de maneira que se distingan tres dimensións.
-
Exemplo:
-
Para realizar un debuxo en perspectiva teremos en conta varios aspectos entre os que está o punto de fuga.
Profundidade
-
Definición:
-
Fondura que existe entre a parte inicial e o final de algo.
-
Exemplo:
-
Descoñezo a profundidade do lago pero din que é un dos máis profundos do lugar.
Xeometría
-
Definición:
-
É a rama das matemáticas que trata as formas e o lugar que ocupan.
-
Exemplo:
-
Na xeometría podemos ver distintas figuras como por exemplo o triángulo, o rectángulo ou a circunferencia.
