Que é un diario de aprendizaxe?

Un diario de aprendizaxe é un instrumento con preguntas guiadas que che axudarán a reflexionar sobre a maneira na que aprendes. Aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é un instrumento de avaliación polo que podes escribir con toda a sinceridade do mundo. Será para ti unha fonte de información moi útil ca que poderás valorar os teus progresos e che axudará a prepararte mellor para futuras aprendizaxes.
Grazas a usar os diarios de aprendizaxe estarás desenvolvendo a túa autonomía e estarás aumentando a túa capacidade para aprender a aprender.
Lectura facilitada
Un diario é un documento con preguntas
que serve para axudarche a reflexionar.
Non é un instrumento de avaliación.
Debes escribir con sinceridade xa que
será unha fonte de información moi útil
para saber como aprendes.
Grazas a utilizalo estarás mellorando a túa capacidade para aprender.
Descarga o diario no formato que precises nos seguintes enlaces.