Glosario
Pasaporte
-
Definición:
-
Documento de identidade que a administración dun país expide para viaxar ao estranxeiro (RAG).
-
Exemplo:
-
Fun sacar o pasaporte para viaxar á India.
Definición:
Documento de identidade que a administración dun país expide para viaxar ao estranxeiro (RAG).
Exemplo:
Fun sacar o pasaporte para viaxar á India.
Para formar os cinco equipos nos que traballaredes ao longo de toda a situación de aprendizaxe realizaredes unha dinámica moi divertida e tamén moi cultural.
Repartirase ao azar pasaportes de cinco países diferentes. Debedes atopar aos compañeiros/as que teñan o mesmo pasaporte ca vós falando, describindo a bandeira, lendo palabras propios do país etc.
Teredes na aula un mapa do mundo en formato xigante.
Por grupos, teredes 5 minutos para escribir ideas que tedes sobre os países que aparecen no mapa: xogo, baile, comida, curiosidade...
Despois dese tempo, contaredes o que anotastes ao resto do grupo mentres o/a docente o vai anotando.
Ademais, se algún neno ou nena da clase ten relación con ese país tamén pode explicar algunha curiosidade.

Despois de ver que xogos apareceron no voso mural falante, teredes que clasificalos en xogos populares ou xogos tradicionais.
Sabedes cal é a diferenza? Non pasa nada senón o sabedes aínda ou non o lembrades porque ao longo da situación de aprendizaxe ides velo moitas veces. Só unha pista: pensade o que significa o propio nome.
|
POPULAR |
TRADICIONAL |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0