Saltar navegación

1.1. A aventura de viaxar

 

Glosario

Cultura

Pictograma con elementos da cultura

Definición:

Conxunto de coñecementos, crenzas e costumes propias dunha sociedade.

Exemplo:

Son moi amigos a pesar da diferenza entre as súas culturas.

Multiculturalidade

Pictograma que representa a persoas de diferentes culturas

Definición:

Convivencia de varias culturas nun mesmo espazo xeográfico ou social.

Exemplo:

A Coruña é unha cidade con gran multiculturalidade.

Viaxes e aprendizaxes

Pictograma que representa a persoas de diferentes países

As persoas viaxan a outros lugares de vacacións, para visitar monumentos ou simplemente buscar mellor clima, pero tamén existen outras persoas que teñen que desprazarse a outros lugares por necesidade: un novo traballo, coidar dun familiar, fuxindo de guerras...

O que está claro e que vivimos nunha sociedade cada vez máis diversa, globalizada e multicultural. Nas aulas convivides nenos e nenas de diferentes orixes culturais, lingüísticas ou sociais. Isto significa, que nunha mesma clase, podedes estar estudantes que falades distintos idiomas na casa, que tendes costumes e tradicións variadas ou que pertencedes a distintos grupos sociais.

Esta diversidade promove o respecto, a inclusión e a empatía. Incluso se facer unha viaxe a eses lugares, e simplemente coñecendo os costumes e culturas desas persoas, poder ter marabillosas aprendizaxes.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)