Reflexionando para mellorar...
Agora toca revisar as enquisas de valoración que cubriron os nenos e nenas dos outros grupos.
Ides realizar un debate en grupo no que trataredes os seguintes puntos:

- Como valoraron as persoas participantes cada un dos apartados da enquisa?
- Cales foron os aspectos con valoración positiva?
- Houbo algún apartado con valoración negativa?
- Pensade nos motivos que poden explicar as puntuacións máis positivas e negativas.
- Recollede propostas de mellora para solucionar esas puntuacións negativas.