Chegou a hora de amosar a mestura de danzas que fomos practicando ao longo de diferentes sesións e animar a todas as persoas que participen no "encontro de culturas" a bailar! Estades preparados?
A modo de exemplo, podedes visualizar estes bailes. Realizaríades unha mestura dos tres, de modo que escollades un anaco de cada un e, posteriormente, executedes un pequeno baile sinxelo co que xa aprendéstedes no apartado 3.2 do REA.
Imos comezar practicando un valse...
Continuaremos cun pasodobre...
E remataremos cunha polca...