Diario de aprendizaxe

Chegados a este punto, tes que cubrir a fase 5 do teu diario de aprendizaxe.
Este exercicio de reflexión servirache para consolidar as túas aprendizaxes. Reflexionarás sobre o traballo do resto dos grupos en canto á organización da "Xornada multicultural", cavilarás sobre "os recordos da túa viaxe", analizarás o percorrido realizado co teu grupo e rematarás cunha autoreflexión... A viaxe está a piques de rematar!
Lectura facilitada
Imos cubrir a fase 5 no noso diario de aprendizaxe centrada na avaliación.
Xa tiveches a oportunidade de avaliarte de varias maneiras:
- Cunha lista de tarefas
- Coas opinións dos teus compañeiros e compañeiras
- Cunha rúbrica de auto-avaliación
Anota no diario as túas reflexións e recorda:
esta información pode servirche para coñecer mellor a maneira na que aprendes.