Saltar navegación

1.2. Un reto cultural

Seredes capaces de...

Pictograma que representa a nenos e nenas de diferentes países e culturas.

Marrocos, Venezuela, Portugal, Senegal, China... son exemplos dunha morea de países que conviven nos colexios e na túa contorna. Esta diversidade permite que poidades gozar de múltiples culturas, de coñecer moitísimos xogos diferentes e de bailar danzas dispares doutros lugares.

Coñecer o mundo a través das diferentes culturas é coma viaxar, pero dun xeito diferente. Buscando información en Internet, visualizando vídeos ou lendo libros ambientados en diferentes lugares saberás moito de moitos países, incluso os teus compañeiros e compañeiras doutros países poden ser os vosos guías turísticos sen saír da escola. Ti cres que os nenos e nenas doutros lugares xogan aos mesmos xogos ou fan os mesmos bailes ca vos? Que diferencias haberá? Hai xogos e bailes propios de cada lugar? 

Para iso, ides organizar unha xornada multicultural na vosa escola onde coñezamos mellor as diferentes culturas que conviven no voso centro. Aproveitaremos ese encontro para mostrar información sobre diversos países e realizar os principais bailes e xogos tradicionais que alí practican. Ides facer...

… unha viaxe inesperada entre culturas!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)