Que sabes sobre... ?
Antes de ver a información concreta de cada un dos deportes que ides practicar nas vosas sesións de Educación Física, é o momento de facer estas actividades para ver se lembrades a diferenza entre popular e tradicional.
Tomade o voso tempo e elixide entre as seguintes actividades relacionadas cos xogos populares e tradicionais.
Escollede a que pensades que se pode adaptar mellor a vós. Ou se queredes, podedes probar sorte en todas elas, vós decidides!