Saltar navegación

4.1. Xogando e danzando

A xornada cultural paso a paso

Para que saia unha xornada multicultural marabillosa terás que encargarte, xunto co teu grupo e os outros equipos, dos aspectos seguintes:

Pictograma que representa a unha persoa planificando un proxecto

Organizar e decorar

Elixide os xogos e preparade os postos de cada país. Podedes caracterizarvos e preparar carteis informativos para ambientar e que os visitantes sintan que están viaxando a outros países.

Pictograma que representa a uns nenos xogando e bailando

Xogar e bailar

Invitade á xente a participar nos xogos escollidos para cada país.

Durante a xornada, deleitaredes aos visitantes coa vosa mestura de danzas.

Pictograma que representa a unha persoa revisando se se cumpriron unhas normas

Avaliar a xornada

Mira que todo estea saíndo correctamente durante a xornada e fai unha valoración final sobre como transcorreu o evento.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)