Saltar navegación

Ruta de xogos

Pasos na preparación da xornada multicultural

Unha vez que cada grupo fixo a súa labor de investigación, pasaredes á organización da xornada.

Pictograma que representa unha reunión de varias persoas

Atendede aos seguintes pasos:

1. Análise dentro do grupo de traballo

Análise dos xogos

Dos xogos escollidos, deberedes seleccionar un para a xornada, en función de:

- Material dispoñible do cole (deberedes consultar coa mestra ou mestre).

- Espazo de xogo necesario.

- Gustos persoais (sempre que o material e o espazo volo permita)

Cultura

Debedes seleccionar a información que achegaredes ao resto de participantes da xornada, sobre o país escollido previamente. Escolleredes os elementos da cultura que queredes transmitir (poderedes caracterizar a vosa vestimenta, elaborar un cartel coa bandeira do país que representades etc.).

2. Posta en común co resto de grupos

Distribución dos espazos de xogo

1. Expoñeredes o espazo de xogo que precisa cada grupo para levar a cabo o xogo escollido.

2. Si varios grupos precisan o mesmo espazo de xogo, deberedes chegar a un acordo (existe a posibilidade de que algún dos grupos teña que modificar o xogo escollido).

3. Nun plano do centro, cada grupo marcará o espazo de xogo que empregará.

Distribución dos puntos de información

Cada grupo terá un punto de información do seu xogo, dende onde informará sobre distintos aspectos da cultura do país escollido.

Nun plano do centro, cada grupo marcará onde se situará o seu punto de información.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)